Onte, venres 1 de marzo, o alumnado de educación infantil e primaria reuniuse para homenaxear ao poeta galego Manuel María.
Primeiro, o noso compañeiro Rubén, de sexto, linos unha pequena biografía.
Logo, comenzou o recitado polos mais pequerrechos. Os nenos de 4 anos recitaron O Caracol.
De seguido, subiron ao escenario os nenos de 5 anos e recitaron O arco da vella.
Os nenos de primeiro cantaron a súa versión de O foguete,
E os de segundo recitaron O río.
Os alumnos de terceiro cantaron O cuco,
e os de cuarto faláronnos do Pardal
e da Lúa.
En quinto, preferiron estes poemas:
Finalmente, os de sexto pecharon o acto co Señor Lobo.
fondo red white blue
columnas enlaces
2 mar 2013
19 feb 2013
Día de Rosalía
Cada 24 de
febreiro lembramos o nacemento de Rosalía de Castro, poetisa sen par e unha das
nais indiscutibles da nosa lingua.
Ler a súa obra é unha das mellores maneiras
de renderlle homenaxe.
No noso centro imos celebrar este venres
O día de Rosalía cunha pequena homenaxe ,
e cun recitando algúns dos seus poemas...
Etiquetas:
actualidade primaria,
CONMEMORACIÓNS
15 feb 2013
ENTROIDO 2013
Neste entroido os alumnos e os profes do Pichel
disfrutaron moito.
O venres de Entroido fixemos chocolatada e baile de disfraces.
Os mestres ían disfrazados de personaxes de conto:
101 dálmatas, carapuchiña vermella, duende,Tío lobo,
piratas, mosqueteiros, brancaneves, vikingos, trogloditas...
Os libros son todo un mundo de ideas e inspiración!
30 ene 2013
DÍA DA PAZ
No día de hoxe celebramos o Día da Paz coa lectura por parte dos nenos de E. Primaria deste fermoso conto: UNHA MANCHEA DE BICOS.
Esperamos que o disfrutedes tanto coma nós:
Grazas ao profesor Juan pola súa fermosa iniciativa e a súa inestimable axuda no desenvolvemento desta actividade.
Etiquetas:
actualidade primaria,
CONMEMORACIÓNS
29 ene 2013
EXPOSICIÓN SOBRE A PAZ
Temos na biblioteca a exposición con diferentes libros relacionados co Dia da Paz e a non violencia.
Todos eles a disposición de alumnos e mestres.
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
PAZ,
primaria
28 ene 2013
DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO
Pombiña que escribes
co peteiro paz,
debuxa no ceo
as algas do mar.
Escribe un poema
cos versos de sal
e cóntalle ó vento
historias do val.
Pombiña que escribes
co peteiro paz.
Rebule algareira
aquí no pombal.
Etiquetas:
CONMEMORACIÓNS,
PAZ,
primaria
21 ene 2013
FINA CASALDERREY
Fina Casalderrey:quinta muller da Academia Galega
Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) destaca como unha das grandes referencias no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil. Tamén profesora de ensino secundario, Casalderrey deuse a coñecer como escritora en 1991, ano no que publicou a súa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Cinco anos despois acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O misterios dos fillos da Lúa. A maior parte dos seus libros están traducidos a todas as linguas do estado e tamén ao portugués.
23 dic 2012
BO NADAL!
Nesta ocasión queremos desexar a toda a comunidade educativa un
Bo Nadal e un Feliz Ano 2013.
E dende a Biblioteca, unha vez máis, queremos deixarvos aquí un
agasallo en forma de conto:
HISTORIA DO APALPADOR
19 dic 2012
HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO
Aquí van as fotos do recitado que fixeron unhas nenas de 5º e 6º o día 12 de decembro as 12. Fixérono a través do micrófono do centro e as aulas escoitaron coas portas abertas. Estivo xenial.
ACTIVIDADES NADAL
Esta última semana de Nadal temos moitas actividades para pasalo en grande: O martes Suso leeunos na biblioteca dous contiños escritos para kamishibai polo que damos as gracias ao CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás pola idea. Estes contos son O apalpador e A lenda da árbore de Nadal. Así mesmo leeu tamén o conto Cando Martiño tivo ganas de mexar a Noite de Reis.Asistiron os nenos/as de Ed. Infantil e 1º E.P.
O xoves 20 os mesmos rapaces, xunto con 2º E.P, irán ao edificio de secundaria onde a escritora Dores Tembrás falará e contará o seu libro
O peizoque Roque.
Engadiremos fotos en canto poidamos.
Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.
Desexamos que pasedes unhas boas vacacións!
O peizoque Roque.
Engadiremos fotos en canto poidamos.
Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.
Desexamos que pasedes unhas boas vacacións!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










