En Secundaria tamén fixemos o noso mercadillo solidario. Alumnos e profesores aportamon o noso pequeno gran de area traendo todo tipo de libros e contos, e alimentos para poder mercalos. O resultado foi bastante exitoso así que agardamos repetilo o curso que vén. Enchemos un carro con multitude de productos que entregamos á Cruz Vermella de Carballo para repartir entre as familias máis necesitadas.
fondo red white blue
columnas enlaces
4 ene 2012
CONCURSO SOBRE XULIO VERNE
Durante as actividades que se desenvolveron nos días previos ás vacacións de Nadal entregamos uns pequenos agasallos ás alumnas que gañaron o concurso sobre Xulio Verne. Noraboa ás premiadas!
Etiquetas:
actividades,
concursos,
Secundaria
MENÚ DE NADAL
Máis vale tarde que xamáis, así que velaquí tedes o menú degustación, que entregamos en secundaria antes das vacacións, coas recomendacións que fixeron varias profes do equipo de Biblioteca para alumnos e docentes. Agardamos que entre turrón e turrón tamén picárades algo destas marabillosas suxestións lectoras.
20 dic 2011
UN MENÚ MOI ESPECIAL
Ahhhhhhhhhh¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Case nos esquecemos, podedes revisar este especial menú e pedir algún libro desta lista para o Nadal.
- Os bolechas.Tatá conta peixes. Ed:A nosa terra.
- Que desfeita! Ed. A nosa terra.
- Mi jersey de Audrey Poussier.Ed. Anaya.
- La piscina de Audrey Poussier. Ed. Anaya.
- A miña amiga a escuridade de Ella Burfoot. Ed. Baía.
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth.Ed. Kalandraka.
- O meu cofre dos animais. Ed. Baía.
- Quen necesita un sombreiro máxico? De Mª Jesús Bolta. Ed. Baía.
- O meu gato é un poeta de Fran Alonso. Ed.Xerais.
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis de Chema Hems.Ed. Kalandraka.
- O meniño Nito. Entón,os homes choran ou non? Ed. Baía.
- Una carta muy rara de Ana Alonso. Ed. Anaya.
- Josefina no puede dormir de Alexander Steffensmeier. Ed. Anaya.
- Tea Stilton. Ed. Destino.
- Peter Pan. Ed. Baía.
- Rita tiene novio de Mikel Valverde. Ed. MacMillan.
- ABC Abecedario Pop-up de animales salvajes. Ed. MacMillan.
- La granja de los siete establos de Roberto Alíaga. Ed. MacMillan.
- Mi mundo. Los dinosaurios. Ed. SM.
- A caza do ghazafello. Denis M. ed. Xerais.
- Mil cousas poden pasar.libro I e II. Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.
- A chave da Atlántida. Anxo Fariña. Ed. Xerais.
- Un polbo xigante.Carlos Casares. Ed. Galaxia.
- Mi vida es un cuento. Janet Tashjian. Ed. MacMillan.
- Se vende mamá. Care Santos. Ed. SM.
- Los niños extraordinarios: Tomás y el misterioso caso del ladrón de corazones. Victoria Pérez Escribá. Ed. MacMillan.
- Planeta Tierra.Asombrosos 3D. Ed. MacMillan.
- El principito.El planeta del tiempo. Ed. Clic.
- Kirikú y las bestias salvajes. Michel Ocelot. Ed. Kokinos.
- O planeta das curiosidades. Ed. Baía.
- Buscando a Wally. Martín Handford. Ediciones B.
- Pequena colección de insectos. Sonia Dourlot. Ed. Larousse.
- Mamá Cabra. Xa me tardan estes magos. Ed. Galaxia.
- Os compañeiros. A orde da pedra. Miguelanxo Prado. El patito editorial.
- As marcas dos animais. Baía edicións.
- El gran libro de los cuentos de Navidad. Denise Despeyroux. Ed. Parramón.
- Mi profe es un vampiro. Lewis Harris. Ed. MacMillan.
- Mi primer larousse de los animales. Ed. Larousse.
- Mi primer larousse de la naturaleza.
- Mi primer laroussse de los ¿cómo?¡
- Luna Llena. Antoine Giulleppé. Ed. MacMillan.
MENÚ DEGUSTACIÓN DE NADAL
2011- 2012
APERITIVOS PARA EDUCACION INFANTIL
- Os bolechas.Tatá conta peixes. Ed:A nosa terra.
- Que desfeita! Ed. A nosa terra.
- Mi jersey de Audrey Poussier.Ed. Anaya.
- La piscina de Audrey Poussier. Ed. Anaya.
- A miña amiga a escuridade de Ella Burfoot. Ed. Baía.
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza de Werner Holzwarth.Ed. Kalandraka.
- O meu cofre dos animais. Ed. Baía.
ENSALADA VARIADA PARA 1º E 2º CICLOS.
- Quen necesita un sombreiro máxico? De Mª Jesús Bolta. Ed. Baía.
- O meu gato é un poeta de Fran Alonso. Ed.Xerais.
- Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis de Chema Hems.Ed. Kalandraka.
- O meniño Nito. Entón,os homes choran ou non? Ed. Baía.
- Una carta muy rara de Ana Alonso. Ed. Anaya.
- Josefina no puede dormir de Alexander Steffensmeier. Ed. Anaya.
- Tea Stilton. Ed. Destino.
- Peter Pan. Ed. Baía.
- Rita tiene novio de Mikel Valverde. Ed. MacMillan.
- ABC Abecedario Pop-up de animales salvajes. Ed. MacMillan.
- La granja de los siete establos de Roberto Alíaga. Ed. MacMillan.
- Mi mundo. Los dinosaurios. Ed. SM.
PRATOS PARA 3º CICLO.
- A caza do ghazafello. Denis M. ed. Xerais.
- Mil cousas poden pasar.libro I e II. Jacobo Fernández Serrano. Ed. Xerais.
- A chave da Atlántida. Anxo Fariña. Ed. Xerais.
- Un polbo xigante.Carlos Casares. Ed. Galaxia.
- Mi vida es un cuento. Janet Tashjian. Ed. MacMillan.
- Se vende mamá. Care Santos. Ed. SM.
- Los niños extraordinarios: Tomás y el misterioso caso del ladrón de corazones. Victoria Pérez Escribá. Ed. MacMillan.
- Planeta Tierra.Asombrosos 3D. Ed. MacMillan.
- El principito.El planeta del tiempo. Ed. Clic.
- Kirikú y las bestias salvajes. Michel Ocelot. Ed. Kokinos.
SOBREMESA
- O planeta das curiosidades. Ed. Baía.
- Buscando a Wally. Martín Handford. Ediciones B.
- Pequena colección de insectos. Sonia Dourlot. Ed. Larousse.
- Mamá Cabra. Xa me tardan estes magos. Ed. Galaxia.
- Os compañeiros. A orde da pedra. Miguelanxo Prado. El patito editorial.
- As marcas dos animais. Baía edicións.
- El gran libro de los cuentos de Navidad. Denise Despeyroux. Ed. Parramón.
- Mi profe es un vampiro. Lewis Harris. Ed. MacMillan.
- Mi primer larousse de los animales. Ed. Larousse.
- Mi primer larousse de la naturaleza.
- Mi primer laroussse de los ¿cómo?¡
- Luna Llena. Antoine Giulleppé. Ed. MacMillan.
MERCADO SOLIDARIO
18 dic 2011
PREPARATIVOS HOMENAXE XULIO VERNE
Durante toda esta avaliación, como ben sabedes, o equipo da biblioteca preparou unha homenaxe ó autor Xulio Verne. Celebración ben merecida por tratarse dun autor prolífico, adiantado a súa época e que podíamos catalogar coma un auténtico visionario.
Unha das moitas actividades que fixemos foi a decoración de distintos recantos do centro con murais, instalacións e pezas ornamentais que reflicten distintas iconas da obra de Verne. Para que vexades como foi a elaboración de toda esta parafernalia, que non xorde da noite ó día, (leva moitas horas de cavilacións, traballo e colaboración por parte de alumnos e profes) póñovos unhas imaxes nas que, como non podía ser de outro xeito, sempre aparece Susana que é a que leva adiante co seu empurre e enerxía vital todos estes proxectos.
O resultado final, que no centro xa coñecemos, na seguinte entrada...
8 dic 2011
DÍA INTERNACIONAL DAS RESPOSTAS CONTRA A SIDA
O día 1 de decembro celébrase ó día mundial da loita contra a SIDA, por iso dende o equipo de biblioteca tamén quixemos participar desta conmemoración. Esta enfermidade rematou xa coa vida de máis de 25 millóns de persoas no planeta o que a converte nunha das epidemias máis destructivas rexistradas na historia. Afortunadamente séguense facendo grandes avances que melloran a calidade de vida de moitas persoas que sofren esta doenza.
A fita vermella é un símbolo visual que amosa unha conciencia pública na súa prevención e tratamento, simboliza a solidaridade e apoio ás persoas que se ven afectadas con esta enfermidade, por iso fixemos un lazo para cada un dos membros da comunidade educativa. Algúns lucírono con máis creatividade que outros pero case todos participaron da actividade con moito interese. Debemos non só levar este lazo con esperanza senón tamén estar informados de como previlo.
Un dato curioso: a partir deste ano cambiouse o Día Internacional da Loita contra a Sida polo de "Día Internacional das respostas contra a Sida", por considerar o anterior como unha forma bélica de chamar a esta conmemoración.
Etiquetas:
actividades,
ALUMNOS,
CONMEMORACIÓNS
22 nov 2011
CONCURSO DE RELATOS DE TERROR
Neste mes de novembro entregáronse na biblioteca de primaria os premios do concurso de relatos de terror deste curso. Os contos gañadores, por ciclos, son os seguintes:
O rato que asustaba aos elefantes - Ed. Infantil-3 anos.
O dente, de Víctor Sánchez Saldaña - 1º Primaria.
Un castelo de terror, de Aida Duarte Recarey - 4º A (Primaria)
Meu avó no bosque, de Alba Collazo Collazo - 5º (Primaria)
Estes contos podense descargar e ler na web do centro :
Os gañadores recibiron un estupendo agasallo de mans do Director e do Xefe de Estudios:
NORABOA AOS GAÑADORES!
8 nov 2011
SEGUIMOS A VOLTAS CON JULIO VERNE ...
...Os rapaces do segundo ciclo están lendo obras de Verne e facendo debuxos inspiradísimos. Mandamos fotos da exposición ubicada á entrada da biblioteca e os traballos feitos ata agora (ameazamos con máis).
7 nov 2011
Marie Curie, unha científica excepcional
Un 7 de novembro hai 144 anos naceu Marie Curie, en Varsovia, Polonia. Esta muller verdaderamente extraordinaria, obtivo o Premio Nobel de Física e o de Química polos seus estudos no mundo da radioactividade e por unha vida adicada a ciencia. Filla de ensinantes, chegou a París para estudar na prestixiosa Universidade da Sorbona. Nesta cidade coñecería a Pierre Curie, o seu futuro home, tamén investigador.
Madame Curie morreu ós 67 anos, vítima dunha leucemia relacionada coa grande cantidade de radioactividade que recibiu a causa dos seus anos adicados ao estudo do radium. No Instituto Curie de París, hoxe en día, seguen a traballar na procura de métodos para curar o cancro. Madame Curie puxo a ciencia ó servicio da humanidade. Nunca quixo rexistrar patentes nin cobrar por elas. Un exemplo de coraxe e integridade.
Se queredes saber máis sobre ela e outros científicos, podedes visitar a exposición na planta baixa que prepararon as profesoras de Lingua Galega, Ciencias e Normalización Lingüística para todos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















