Durante esta semana celebramos o Día contra a violencia de xénero con varios contos.O luns os rapaces de 4º,5º e 6º de infantil subiron as clases de terceiro e cuartos a escoitar "O libro dos porcos","Las princesas también se tiran pedos" e "O país dos mandóns".Ahí van unhas fotos desta actividade:
O martes 28 os rapaces de quinto,segundo e primeiro foron á biblioteca a intercambiar lectura de contos,leron "La princesa rebelde","Una feliz catástrofe" e "Te quiero(casi siempre):
O mércores 29 leron terceiro e cuartos na biblioteca.O xoves os rapaces de sexto leron "Arturo y Clementina" aos segundos:
fondo red white blue
columnas enlaces
3 dic 2017
13 nov 2017
CELEBRAMOS O SAMAÍN
Durante o mes de novembro escoitamos e contamos contos de medo.Os rapaces de sexto van as aulas de infantil,primeiro,segundo,terceiro e cuarto a ler diferentes contos como Hansel e Gretel,Carapuchiña Vermella,Onde viven os monstros e outros.
Tamén as clases de quinto intercambian historias de medo:
Visitamos a biblioteca de secundaria para escoitar relatos de medo:
Tamén viñeron os de 1º de E.S.O. a escoitar "O papón" narrado polos rapaces de sexto.Tan ben o fixeron que decidiron representalo ante os rapaces de primaria e infantil:
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
CONMEMORACIÓNS
29 oct 2017
CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA
Durante este mes de outubro facemos varias actividades para achegar a biblioteca a todos os rapaces.Realizamos visitas guiadas a todos os cursos,e xogos de pistas a partir de terceiro. Ademáis este curso introducimos unha novidade: a biblio-móbil.Sacamos ao patio unha representación de libros relacionados co Samaín,e os rapaces maiores len aos pequenos.Disfrutamos todos dun día de sol e contos!
Repartimos as mochilas viaxeiras,unha por cada clase de terceiro a sexto.
Repartimos as mochilas viaxeiras,unha por cada clase de terceiro a sexto.
17 sept 2017
Xa estamos de volta!
Empezamos novo curso e xa de festa! Celebramos a XXXVII festa da pataca e os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto participan no concurso de manualidades coas patacas.
Nestas fotos podemos ver os seus traballos:
Nestas fotos podemos ver os seus traballos:
25 jun 2017
E rematamos o curso!
O venres 23 os rapaces de quinto e sexto quixeron deleitarnos cuns bailes e cancións de fin de curso.Ahí unhas fotos:
ENTREGA DE PREMIOS CONCURSO "ASÍ TE VEXO" ,DIPLOMAS E ORLA DE 6º
O xoves 22 de xuño fixemos entrega de agasallos aos gañadores do concurso,así como diplomas aos grandes lectores e aos colaboradores da biblioteca durante este curso.Entregáronse tamén os diplomas aos participantes do proxecto de construcción de eólicos.Rematamos coa entrega da orla aos rapaces de sexto.
HOMENAXE A ASUNCIÓN ANTELO
O mércores 21 de xuño recordamos a Asunción cunha lectura dos seus poemas feita polos rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria.Para rematar Jonathan,de 6º A,regueifou o epílogo do libro de Asunción.
Acompañáronnos Isabel Rey,quen donou a biblioteca dous libros de Asunción: Penurias dun amor e Páxinas da rexubeira de Bergantiños;Cristina Abelleira,Miguelo,Antonio de Xornes,regueifeiro,José María Varela,o alcalde Amancio Lavandeira e Andrés Díaz,concelleiro de cultura, quenes nos contaron anécdotas de Asunción.
Teresa Dosil falounos das excursións que fixemos á casa e ao museo de Asunción,así tamén Carlos Fernández recordounos as visitas que Asunción fixo ao noso colexio.
Esta foi unha xornada para recordar !Aquí podemos ver unhas fotos:
Acompañáronnos Isabel Rey,quen donou a biblioteca dous libros de Asunción: Penurias dun amor e Páxinas da rexubeira de Bergantiños;Cristina Abelleira,Miguelo,Antonio de Xornes,regueifeiro,José María Varela,o alcalde Amancio Lavandeira e Andrés Díaz,concelleiro de cultura, quenes nos contaron anécdotas de Asunción.
Teresa Dosil falounos das excursións que fixemos á casa e ao museo de Asunción,así tamén Carlos Fernández recordounos as visitas que Asunción fixo ao noso colexio.
Esta foi unha xornada para recordar !Aquí podemos ver unhas fotos:
12 jun 2017
11 jun 2017
Homenaxe a Gloria Fuertes
Para homenaxear a Gloria Fuertes polo seu centenario, decidimos grabar un programa de radio no que participou todo o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria. Despois, durante os plans lectores do luns e do martes, tivemos o pracer de escoitarnos. Se queredes saber o ben que o fixemos, a continuación tendes as grabacións:
Finalmente, podedes escoitar o programa completo:
Finalmente, podedes escoitar o programa completo:
Verdistanco
Que sorpresa recibimos o xoves da semana pasada!
Na biblioteca, esperábanos Sonia, a nai de Xulio e Aldán, cuxa creatividade nos asombrou a todos. Para nós, creou e editou Verdistanco, un conto fabuloso no que todos eramos protagonistas. Viña acompañada de Isabel xa que Sonia dedicou a súa obra a Asunción Antelo.
Entre as dúas, e coa proxección das ilustracións feitas por Orelí Pello, ilustradora e amiga de Sonia, contaron as aventuras deste fermosos lugar chamado Verdistanco, ante a abraiada mirada de alumnado e profesorado.
Moitísimas gracias a Sonia, polo tempo e esforzo adicado a este proxecto. Foi toda unha sorpresa, quedou espectacular e conseguiu emocionarnos a todos!
Velaquí un cachiño da sesión. Se queredes coñecer todo o conto, haberá que vir á biblioteca xa que Sonia tivo a amabilidade de agasallarnos con exemplares do mesmo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






