fondo red white blue

columnas enlaces

30 ene 2017

CONTACONTOS SEMANA DA PAZ

O luns 23 de xaneiro as clases de quinto e sexto A leron contos aos rapaces de educación infantil.Ahí van os videos desta actividade.







O martes leron cuarto A e cuarto B:








O mércores primeiro e segundo leron aos rapaces de terceiro:











O xoves sexto B le aos rapaces de primeiro e segundo:








21 ene 2017

SEMANA DA PAZ

Xa estamos inmersos na celebración do día da Paz.Entre as actividades que imos a realizar están os contacontos da Semana da Paz.


6 ene 2017

IN MEMORIAM DE ASUNCIÓN ANTELO, A REXUBEIRA DE BERGANTIÑOS


DENDE A BIBLIOTECA DE CORISTANCO QUEREMOS RECORDAR CON CARIÑO A ASUNCIÓN, QUEN NOS DEIXOU O 30 DE DECEMBRO DO 2016.
Naceu o 8 de agosto do 1919 en Segufe, na parroquia de Seavia, aldea da que nunca saiu. Como moitas mulleres do rural do seu tempo, foi mui pouco á escola onde aprendiu a escribir e as catro regras
Aparte de escribir poesía, traballou a madeira, a pedra e a cerámica.
En 1998 decidiu abrir o seu museo, ante todo porque 'fillos non tiven, e acordoume facer algo para que se saiba que pasei por este mundo'. Non cabe dúbida que o conseguiu, xa que a súa casa recibe as visitas de moitos curiosos que a felicitan polo seu traballo, cousa que non entende porque, segundo di, 'estas cousas fainas calquera, non ten dificultade ningunha'. Alí podemos atopar tallas de madeira, figuras feitas con raíces de árbores, bancos, reloxos, retratos escultóricos, maquetas de pedra de muíños de auga... unha ecléctica mostra dun quefacer ao que -di- non a ensinou ninguén. Mesmo chegou a vender algunhas das súas obras, mais agora di que 'non quere ser egoísta dos cartos e non quere quedar sen as cousas', polo que decidiu non vender máis.
(http://www.blogoteca.com/bosexenerosos/index.php?l=1&pag=11)
Os seus poemas saíron a luz grazas a asociación cultural Monte Branco de O Couto (Ponteceso), que en 1995 publicou “Páxinas da Rexubeira de Bergantiños” e catro anos máis tarde “As penurias dun amor”.
No ano 2006 foi nombrada Bergantiñana do Ano nos premios do Padroado Fogar de Bergantiños.
Non podemos rematar sen falar dunha desas persoas comprometidas co noso patrimonio, e que dá a súa vida por amosalo. Falamos de Isabel Rey Porteiro, veciña de Segufe, que foi coidadora de Asunción, pero tamén contactou con centros de ensino de toda Galicia, coa prensa e que mesmo fixo de guía durante as visitas, contándolle a historia desta brava muller. Sen Isabel, probablemente, o legado de Asunción estaría esmorecendo.
Gracias Asunción. Gracias Isabel. Seguide permitindo que escolares de toda Galicia coñezan o poder desta muller autodidacta.
(http://quepasanacosta.gal/asuncion-antelo-conecendo-a-voz-feminina-creativa-mais-salientable-das-terras-de-pondal/)

Aquí vai unha pequena mostra dalgunhas das visitas e encontros con Asunción:


26 dic 2016

ACTIVIDADES DE NADAL

E xa rematando o trimestre recollemos alimentos no mercadillo solidario,compramos libros donados anteriormente con alimentos: Un libro,un kilo.Ademáis adornamos as portas con motivos navideños,actividades nas que os rapaces colaboran e disfrutan.Ahí van as fotos:

A PERSONAXE MISTERIOSA

Durante a última quincena deste trimestre os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria participaron neste concurso,tiñan que buscar unhas pistas e descubrir a nosa personaxe misteriosa: Agustín Fernández Paz.Aquí van unhas fotos do concurso e da entrega de premios aos rapaces que contestaron ben a todas as pistas e ao nome da nosa personaxe:

25 dic 2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA O NADAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebramos este día cun mural feito por infantil coas súas máns plasmadas en cor laranxa;os nenos e nenas de segundo fixeron o seu propio mural na clase e o resto de primaria leron libros relacionados co tema: Artur e Clementina,Unha feliz catástrofe,O libro dos porcos e Xela volveuse vampira.
Aquí van unhas fotos desta actividade:






13 dic 2016

LENDO CONTOS A INFANTIL

O xoves 1 de decembro os rapaces de 6º A recordaron o desastre do Prestige cun conto titulado "Salgadiña, a estrela de Fisterra",como podemos ver neste video:





SALGADIÑA,A ESTRELA DE FISTERRA from Biblioteca Xosé Pichel on Vimeo.



Ademáis leron un precioso conto titulado "Quen levou a lúa?",








A continuación os rapaces de infantil tamén se animaron a contar contos: