fondo red white blue

columnas enlaces

19 nov 2014

A BRUXA DO SAMAIN,DECORACIÓN DE PORTAS E CABAZAS

A BRUXA DA BIBLIO AINDA VOS ESTA MIRANDO CANDO SUBIDES E BAIXADES EN ORDEN


10 nov 2014

CONTACONTOS DE 6º

Os rapaces de 6º A comenzaron a actividade de contacontos o mércores 22 de outubro,día da biblioteca.Viñeron a escoitalos os nenos e nenas de 3 anos.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron.



CELEBRANDO O SAMAÍN


0 luns 27 de outubro os rapaces de segundo ciclo foron a biblioteca de secundaria a escoitar contos de medo.


   



 






3 nov 2014

CONTACONTOS DE MEDO NAS AULAS

O 29 de outubro os rapaces de 6º foron as aulas de infantil e primeiro ciclo a contarlles historias de medo.

29 oct 2014

Visita ao EFAG Fonteboa

Seguimos co noso proxecto anual, traballando as hortas ecolóxicas e os cultivos tradicionais. Esta vez, o alumnado de segundo ciclo visitou o EFAG Fonteboa donde recibiu unha clase teórico-práctica moi interesante sobre o cultivo nos invernadoiros.



"Esfollando" no Pichel

Levábamos dende o pasado luns cun palleiro de millo no patio cuberto. Todos estábamos intrigados e, finalmente, o venres, soubemos que facía alí. 
Varios familiares dun alumno do Centro achegáronse para darnos información sobre o millo e o seu cultivo, e ensináronnos como se esfolla. Algúns probamos e comprobamos que non é tan doado como parece... 
Pero despois do esforzo agardaba unha grata sorpresa: as cociñeiras do colexio nos tiñan preparadas filloas e mesmo algún follado de millo e centeno para que o poidésemos probar. Que rico!
Onte, mesmo na Voz de Galicia se facían eco das nosas fazañas:

20 oct 2014

Quino nos Premios Príncipe de Asturias





O pasado 28 de setembro, celebrábanse os 50 anos de Mafalda, o personaxe estrela de Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino. Recordades os debuxos que fixemos o ano pasado dos principais personaxes das tiras cómicas, e que aínda temos expostas nos corredores do colexio?



Esta semana, o debuxante recibe o Premio Príncipe de Asturias de comunicación e humanidades.
Tamén saiu unha moi interesante entrevista del na revista XL Semanal do domingo pasado, na que explica por que firma as súas obras como Quino ou fala da súa vida e do seu traballo, entre outras cousas.



Se vos interesa lela téndela aquí, e se vos animades a entrevistar vós mesmos a alguén, recordade os pasos que vos propuñíamos nesta entrada.

3 oct 2014

Estamos no outono

Os nosos compañeiros do CEIP Esteiro, en Ferrol, publicaron estos refraneiros do outono que nos pareceron moi interesantes.









Coñecedes algún refrán máis relacionado co outono?

24 sept 2014

EXCURSIÓN A BONILLA

Os rapaces de 2º ciclo foron a Coruña a ver a fábrica de Bonilla en Arteixo.Despois xogaron na área recreativa de Seixido. O ben que o pasaron podemos observalo nestas fotos.


21 sept 2014

A historia da pataca


O venres 19 de setembro recibimos a visita de Francisco Suárez Calvo,profesor xubilado e pregoeiro fai tres anos na Festa da Pataca en Coristanco.Faloulle aos rapaces de 4º, 5º e 6º sobre a orixe da pataca e da festa. Moi interesante como podemos ver en algún dos videos que mostramos.