fondo red white blue

columnas enlaces

17 jun 2026

Certame de Talentos (abril e maio)

 Aquí tendes novos recordos gráficos dos boa momentos que pasamos no Certame de Talentos dos venres.


Nerea, Martina e Mariela de 4º de primaria bailando:








 

Baile a cargo de Nerea de 4º de Primaria no que remataron uníndose máis compañeiras:







 

Espectáculo de Maxia a cargo de Irina, Noa, Ariadna e Carlota de 5ºA:






 


Baile a cargo de Anaís de 4º de Primaria acompañada nalgúns momentos por compañeiras e a súa irmá:










Eimi e Edu de 4º de Primaria interpretando unhas pezas tradicionais galegas con gaita e pandeireta:

 







Moitas gracias por todos estos venres rapazas e rapaces!




16 jun 2026

Sexto conta Moito (maio)


 Despedimos os nosos resumos dos Xoves conta Moito do mes de maio. Sentímonos inmensamente agradecidos e tamén abraiados, co profesionais que foron os nosos participantes e Contadores de Aventuras.

Aquí quedan as lembranzas  das últimas fotiños destes momentos:


Uxía e Alicia co grupo de 2º de primaria:





Helena, Aroa Pérez e Naiara co grupo de 5 anos:





Infinitas grazas!!

Sexto Conta Moito (marzo e abril)



E aquí van fotiños dalgúns momentos das nosas aventuras do programa “Sexto Conta Moito”. Estas son as lembranzas do mes de marzo e abril:


Dani Akposionu e Adrián Vilanova co grupo de 2º de primaria:




Alyssa e Anthony co grupo de 4 anos:





Nayara, Amanda e Aroa Pérez co alumnado de 5 anos:




Helena, Aroa Pérez e Naiara con 1º de primaria:







Moitísimas gracias a todos os colaboradores por amenizarnos deste xeito tan agradable  os nosos xoves!!


2 jun 2026

ROTEIRO LITERARIO CON ANTONIO M. FRAGA


Para pechar o curso, o equipo da biblioteca e o club de lectura organizaron un roteiro literario arredor da obra de Antonio M. Fraga O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. A actividade desenvolveuse no antigo Hospital de Oza da Coruña, escenario no que se sitúa parte da novela. Alí, o autor explicou a historia do lugar, que funcionou como lazareto e como sede das colonias escolares destinadas a nenos con problemas de saúde e desnutrición. A xornada resultou especialmente enriquecedora e permitiu pechar o curso cunha experiencia significativa e moi satisfactoria.

11 may 2026

Día da Poesía

 O 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía, para o cal, entre todos elaboramos o poema "A Cociña é Poesía", relacionado co noso proxecto de centro anual.

Deixámosvos por aquí a letra e o audio narrado dende a Radio do noso centro.


 


 

17 abr 2026

SEMANA DO LIBRO CON PAULA CARBALLEIRA



O terceiro trimestre comezou coa celebración do Día do Libro. Para iso contamos coa visita de Paula Carballeira, Premio Nacional de Teatro en 2023. Con motivo desta data, o alumnado foi organizado en dous niveis. Co primeiro ciclo, Paula Carballeira compartiu o seu libro de relatos Trece avisos, a partir do cal falou sobre a súa relación co medo e o seu interese polo xénero de terror. Co alumnado maior, a autora centrou a súa intervención na súa obra As alumnas, na situación das mestras durante a escola da República e na posterior represión que sufriron. Como peche da actividade, representouse unha das escenas da obra.


 

26 mar 2026

EN BUSCA DA NOSA MASCOTA





A biblioteca tamén participou na Semana Cultural do centro coa organización dun obradoiro de papel maché para crear a súa futura mascota. A actividade, desenvolvida coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e do taller de artesanía en cartón-pedra Tigre de Papel, contou coa participación do alumnado de 1.º da ESO, que deseñou diferentes propostas e elaborou sete esculturas tridimensionais. Finalmente, unha votación permitiu escoller a figura que se converterá na mascota oficial da biblioteca.

Certame de Talentos

 Pechando os nosos Venres De Talentos do segundo trimestre, a semana pasada foi Eloi de 3º de Primaria que nos abraiou a todos co seu dominio das baquetas e do acordeón.

Explicounos as partes das que se compón, o uso de cada unha delas e interpretou unhas pezas.


Moitísimas gracias, Artista!!