EN BUSCA DA NOSA MASCOTA
A biblioteca tamén
participou na Semana Cultural do centro coa organización dun obradoiro
de papel maché para crear a súa futura mascota. A actividade, desenvolvida
coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e do taller de artesanía
en cartón-pedra Tigre de Papel, contou coa participación do alumnado de 1.º da
ESO, que deseñou diferentes propostas e elaborou sete esculturas
tridimensionais. Finalmente, unha votación permitiu escoller a figura que se
converterá na mascota oficial da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario