fondo red white blue

columnas enlaces

14 feb 2023

MANDADIÑO MÉRCORES

Bo día!

Que ben o estamos pasando cos mandadiños!! Agora toca preparar o do mércores!
Apertas!

13 feb 2023

MANDADIÑO MARTES

Boas a tod@s!

Comezamos a semana dos mandadiños! Aquí vos deixamos o de mañá: 
Apertas!!

10 feb 2023

MANDADIÑOS ENTROIDO 2023

Boas a todos e a todas!!

Chegou o Entroido! A festa máis divertida do ano! E con ela aquí veñen os mandadiños para a semana que ven:

Apertas!!

SEXTO CONTA MOITO

Bo día!

Onte na sesión de "Sexto conta moito", Lara e Mateo de 6° B de EP contáronlle a 4° e 5° de infantil o conto de: Ernesto e Celestina perderon a Simeón! 
Boa fin de semana :)

7 feb 2023

CONTACONTOS 1° EP

Boas a todos e a todas!

Hoxe na biblioteca durante o Plan Lector tivemos a sorte de que Eimi e Lara de 1° de EP lle contara a súa clase e a 6° de infantil o conto de: "Nirave y el mar", un precioso álbum ilustrado ambientado na beira do mar, sobre o xogo libre, a creatividade e o inmenso poder da imaxinación dos nenos e nenas. Que marabilla! 
Apertas!

3 feb 2023

SEXTO CONTA MOITO

Bo día!

Como cada xoves na sesión de "SEXTO CONTA MOITO", onte Jorge e Gael de 6°A contáronlle a 6° de EI e a 1° de EP o conto: "A vaca que puxo un ovo". Que conto tan divertido!
Boa fin de semana!

2 feb 2023

DÍA DA PAZ - 30 DE XANEIRO

Boas a todos e a todas!

Este luns, 30 de xaneiro, conmemorouse o Día da Paz e a Non Violencia e, no centro, levamos a cabo dúas actividades moi enriquecedoras! Por unha banda, decoramos as escaleiras do colexio con frases que nos fan recordar a importancia da tolerancia, do respecto, da convivencia... E, por outra banda, cada clase preparou un conto ou poesía da paz que expuxeron no patio para todos os compañeiros e compañeiras. Que ben o fixeron! 

Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo do gran día que pasamos:


Apertas!


30 ene 2023

COLOQUIO LITERARIO - HÉCTOR CAJARAVILLE

Boas a todos e a todas!

O xoves pasado o alumnado de 5° de EP, 6° de EP e da ESO tivo a sorte de ter un Coloquio Literario no noso centro co escritor Héctor Cajaraville, un exprofesor de galego de secundaria moi querido polo alumnado.

Nel falounos do próximo homenaxeado das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego, sobre quen escribiu un libro e doou un par de exemplares para a nosa biblioteca. Que marabilla! Moitas grazas!


Apertas!


21 ene 2023

SEXTO CONTA MOITO

Boas a tod@s!

O xoves na sesión de "Sexto conta moito" contaron a 2° de primaria o conto "O segredo de Flora". Que marabilla de conto! Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así aos nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

Apertas!!

13 ene 2023

SEXTO CONTA MOITO

Bo día a tod@s!!

Estamos de volta e comezamos o ano cunha sesión de "SEXTO CONTA MOITO" moi divertida! Candela e Sara de 6°B contáronlle a infantil o conto de "Marmelada de amorodo". Que ben o pasamos!!

Apertas!!