fondo red white blue

columnas enlaces

10 abr 2016

Contacontos: 3ºA conta a Educación Infantil

Este venres, tocoulle ao alumnado de 3ºA escenificar un conto para os seus compañeiros de Educación Infantil. Nesta ocasión, e aproveitando que en Educación Infantil estiveron traballando o medo e os monstros, os contacontos escolleron a obra "A todos los monstruos les da miedo la oscuridad" da editorial Kókinos. 




Fixérono  moi ben, ollade!





7 abr 2016

Ranilda

O venres 1 de abril os rapaces e rapazas de sexto leron e representaron o conto de Ranilda,unha ra moi simpatica aos nen@s de primeiro,segundo e terceiro. Ahi vai o video:



27 mar 2016

VISITA DO COLEXIO DE CANOSA


O xoves 17 de marzo os rapaces e rapazas de cuarto de primaria tiveron unha mañá de convivencia cos de Canosa-Rus.Primeiro fixeron diversos xogos deportivos e despois na biblioteca cantaron,leron un conto e contaron chistes e adiviñas.Neste video podemos apreciar o ben que o pasaron.Esperamos a seguinte xornada que será en Canosa.


10 mar 2016

Contacontos na biblioteca

Os rapaces e rapazas de quinto A leron e dramatizaron o conto de Babaiaga.Esta vez foron os de cuarto,quinto B e sexto os que disfrutaron da lectura:


8 mar 2016

RECORDAMOS A NEIRA VILAS

Este mes de febreiro os rapaces de infantil e primaria investigaron sobre a vida e obras de Xosé Neira Vilas,con xogos de búsqueda da personaxe misteriosa a través de diferentes pistas e monográficos realizados en quinto e sexto.Os participantes recibiron un pequeno agasallo:

1 mar 2016

HOMENAXE A ROSALÍA

O venres 26 cantamos e recitamos a Rosalía.Ahí van fotos do recitado:



Tamén cantamos e rapeamos:





27 feb 2016

Contacontos

Seguimos coas nosas sesións de contacontos semanais. Esta vez, tocoulle ao alumnado de 5ºB contarlle contos aos seus compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro.




25 feb 2016

SEMANA DE ROSALÍA

Para celebrar o Día de Rosalía o alumnado de infantil e primaria colorearon unha postal cun debuxo e estrofas da súa obra,leváronna para casa o mércores como agasallo a seus pais;así mesmo fixemos murais e traballos sobre a súa biografía.O venres os rapaces de terceiro,cuarto,quinto e sexto recitarán a Rosalía na biblioteca.


10 feb 2016

REMATAMOS CONTOS DA PAZ

O mércores 3 de febreiro os rapaces de cuarto leron o conto "A bruxa Discordia" aos nenos e nenas de terceiro,fixérono xenial como ben podemos ver neste video:


2 feb 2016

CONTACONTOS DA PAZ

O martes 2 de febreiro os nen@s de quinto A representaron o conto titulado "E que podo facer eu? aosrapaces de primeiro e segundo.Velahí vai o video onde podemos ver o ben que o fixeron: