Como xa estamos no Samaín esta semana contamos coa colaboración das "Teatreiras do Pichel" que representaron de maneira magnífica "O pobo das pantasmas" para os nenos de infantil,o martes 27,e para os de primeiro e segundo o mércores 28.Queremos darlle a merecidísima enhoraboa polo seu traballo,xa que no sólo representaron se non que realizaron os títeres utilizados na obra.Esperamos velas en outras ocasións co mesmo entusiasmo.Ahí vai un video representativo do estupendo traballo que fixeron:
fondo red white blue
columnas enlaces
2 nov 2015
DÍA DA BIBLIOTECA
O luns 28 de outubro,para celebrar o día da biblioteca,empezamos os contacontos.Os rapaces de sexto representaron para os nenos e nenas de infantil dous bellísimos contos relacionados co proxecto das emocións que seguimos este curso.O primeiro foi "Orellas de bolboreta" onde Mara,a pesar de ser acosada polos compañeiros,consigue superar todas as situacións apoiándose na sua nai e aprendendo a rirse dun mesmo.
O segundo conto "Confundindo historias" trata dun avó que interrumpe a plácida lectura do periódico para contarlle a súa neta un conto que,non por máis clásico,resúltalle menos difícil de narrar. Descoñecemento? En absoluto. O avó consegue que sexa a nena a que realmente reproduzca o conto.
O segundo conto "Confundindo historias" trata dun avó que interrumpe a plácida lectura do periódico para contarlle a súa neta un conto que,non por máis clásico,resúltalle menos difícil de narrar. Descoñecemento? En absoluto. O avó consegue que sexa a nena a que realmente reproduzca o conto.
25 sept 2015
EMPEZAMOS O CURSO
E xa con festexos,os rapaces de primaria fan manualidades coas patacas,algunhas delas preséntanse ao concurso na XXV edición da Festa da Pataca de Coristanco.Hai dous traballos premiados,o da clase de infantil de 4 anos e o de dúas nenas de sexto.Ahí van unhas fotos onde vemos a ilusión e traballo dos rapaces.
11 ago 2015
CUMPLEANOS DE ASUNCIÓN ANTELO
O sábado 8 de agosto cumplía Asunción Antelo 96 anos.Celebramos o acontecemento o domingo,primeiro en Seavia onde o alcalde de Coristanco,Amancio Lavandeira,descubriu unha placa conmemorativa nun muro onde había un debuxo e poesías de Asunción feitos por Mighelo;despois achegámonos a súa casa onde leéronse poesías de Asunción e Laura,a conselleira de cultura,recoñeceu a valía e importancia de Asunción nun sentido discurso;Asunción recibiu regalos e soprou a tarta que logo compartiría cos numerosos asistentes a festa.Moitas felicidades do Pichel!
Seguen fotos desta celebración:
Seguen fotos desta celebración:
21 jun 2015
DESPEDIDA DE CURSO
O venres 19 despedímonos do curso co "Baile do cadrado" feito polos rapaces de sexto con moito entusiasmo e ensaiados por Estela,a nosa profe de ximnasia,quen tamén entregou o premio ao mellor xogador de buxaina.Podemos ver nestas fotos o ben que o pasaron:
18 jun 2015
ENTREGA DE DIPLOMAS "GRAN LECTOR"
Este mércores 17 de xuño fixemos entrega na biblioteca dos diplomas de grandes lectores a Víctor,María e Lucía de cuarto de primaria.Víctor leeu máis de cincuenta libros durante o curso, Lucía e María máis de trinta.Enhoraboa,esperamos que sigades así.Aquí van un par de fotos:
16 jun 2015
13 jun 2015
XOGAMOS COS BOMBEIROS,GUARDIA CIVIL...
O xoves 11 de xuño tivemos aos bombeiros,061,policia local e garda civil no patio do colexio.Tivemos dous talleres e subimos aos diferentes vehículos,así mismo fixemos un simulacro de incendio.Nestas fotos podemos ver o entusiasmo dos rapaces e o moito que aprenderon.
Houbo tamén unha exhibición interesantísima por parte da garda civil onde mostraron aos rapaces como un can labrador detectaba unha bomba.
Houbo tamén unha exhibición interesantísima por parte da garda civil onde mostraron aos rapaces como un can labrador detectaba unha bomba.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"
Este luns 8 de xuño despedimos os contacontos deste curso coa colaboración de Noelia,mamá dunha nena de infantil.Agradecemos o seu entusiasmo e esperamos seguir con esta actividade no curso que ven.
Nestes videos podemos ver o ben que o pasaron os nenos e Noelia.
Nestes videos podemos ver o ben que o pasaron os nenos e Noelia.
4 jun 2015
ASUNCIÓN ANTELO XA TEN A SÚA BIBLIOTECA
O venres 29 de maio fixemos unha homenaxe a Asunción Antelo,a rexubeira de Bergantiños. Os rapaces de primeiro,terceiro,cuarto,quinto e sexto de primaria dedicáronlle varios recitados das súas poesías,un rap sobre a festa da pataca e unha representación de "O vello e a moza" por parte de Victor de cuarto e María de quinto.Ademáis temos que agradecer a visita de Arancha Folgar,profesora en Muxía,quen puxo os pelos de punta aos adultos cos seus fados.Gracias tamén ao Mighelo que donou un cadro de Asunción para a biblioteca e deleitounos co seu acordeón.Mágoa a falta de tempo,xa que soupo a pouco.
Aquí podemos ver uns videos e unhas fotos da nosa reinauguración:
Aquí podemos ver uns videos e unhas fotos da nosa reinauguración:
Etiquetas:
ACTIVIDADES PRIMARIA,
CONMEMORACIÓNS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)