O mércores, aproveitando que se celebraba o Samaín, os alumnos de 2º de primaria visionaron a curtometraxe A Danza dos esqueletos, de Walt Disney, de 1929.
Fixáronse no son e nas imaxes para ver cómo se combinan todos eses elementos co fin de crear un clíma lúgubre. Se ti tamén queres facer este exercicio, aquí vai o vídeo, que o disfrutes!
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
24 DE OCTUBRE DE 2012: PREGÓN DEL DÍA DE LA BIBLIOTECA
¡Venid, venid todos! Bebés y niños, chicos y chicas, jóvenes y adultos de todos los orígenes, de todas las edades y de toda condición. ¡Venid a la Biblioteca! Entrad en este inmenso y hermoso jardín, multicolor y polifónico, donde crecen las más hermosas flores de la cultura humana: todo lo que sabemos y todo lo que imaginamos los seres humanos, las crónicas y los sueños, las batallas y los carnavales, las fiestas y los duelos... todo está aquí recogido y bien clasificado en sus estanterías, accesibles para que vosotros disfrutéis del placer de la lectura. Entrad con alegría pero con respeto...
José María Gutiérrez de la Torre
Presidente de la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil
Este día faremos entrega aos rapaces de 6º das MOCHILAS VIAXEIRAS co ánimo de que disfrute toda a familia coa súa lectura;así tamén empezaremos cos CONTACONTOS na biblioteca durante o plan lector.Comenzarán a leer os nenos de 6º aos rapaces de E.I de 3 anos.
28 sept 2012
XA ESTAMOS DE VOLTA!
Queremos saudar a todos os rapaces, rapazas, compañeiros ... esperando pasemos un curso estupendo. Ahí vos mando unhas fotos da biblio e tamén da campaña de recollida de tapóns para Aitana, campaña que empezamos o curso pasado e seguimos este co mesmo entusiasmo:
Tamén temos moitas novidades que pronto poderedes disfrutar...
0 luns 14 de maio o noso dire Carlos liu o libro O calcetín amarelo aos rapaces de infantil e primeiro.Despois fixeron un moneco cun calcetín, axudados por nenos de 4º. A continuación os rapaces de 4º cantaron a preciosa canción de Lela,de Castelao.
E para rematar Carlos narroulles aos nenos O xastriño valente, facendo uso do Kamishibai.
Pasámolo xenial
O mércores 16 veu Suso a contarlles o conto O galo quirico,así como O gato con botas en kamishibai.Os rapaces divertíronse moitísimo. Ahí vai unha mostra:
Durante este mes convocamos o concurso ASÍ TE VEXO. Os rapaces do 2º e 3º ciclo tiñan que averiguar o nome do cadro e o autor expostos no panel da biblioteca.Así mesmo os de 1º e infantil fixeron cadros coa temática dos bosques.
O venres 25 entregamos uns agasallos aos rapaces gañadores,quenes contáronlle o conto de OH! aos pequenos de 3 anos.
O venres 25 entregamos uns agasallos os rapaces gañadores.