Conmemoramos no centro o Día da Paz, o 30 de Xaneiro que agardamos que chegue a estar presente todos os días do ano.
Entre outras actividades, elaboramos un mural común cuberto co poema “Sobre a Paz non abonda con falar” no que cada grupo de infantil e primaria elaborou unha estrofa. Oxalá o mundo enteito escoite os nosos desexos e peticións de ben común.
O 2 de febreiro é o Día da Candeloria, o día no que os paxaros namoran. Este curso os paxariños anidaron a carón do mural da Paz con mensaxes de amizade e bos desexos. O alumnado deixou unha mensaxe positiva de amizade para que outro compañeiro/a anónimo/a a recibise.
Aquí quedan unhas fotiños de recordo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario