Bo día, queridxs lectorxs!
Presentámosvos a xs finalistas e gañadorxs do Certame artístico Asunción Antelo deste ano. As creacións gañadoras están expostas no taboleiro de cortiza da entrada de Primaria. Pasádevos a velas!
En canto poidamos, pasarémosvos tamén polo blog os contos e monográficos gañadorxs nun formato no que os poidades ler.
Parabéns a todxs xs que participastes pola ilusión e o tempo invertido. Animámosvos a seguir participando porque lembramos que nesta ocasión este era un concurso, pero o importante ao final son todas as creacións que fagades, porque con elas se APRENDE e se AVANZA!
Que teñades moi bo día!
Apertas
;
No hay comentarios:
Publicar un comentario