fondo red white blue

columnas enlaces

25 jun 2026

Recomendacións Lectoras Verán

 Familias! Dende o Equipo de Biblioteca queremos despedirnos de todas as familias e agradecervos a vosa colaboración e participación ao longo deste curso. Para acompañar estes meses de descanso, compartimos unhas recomendacións lectoras para o verán organizadas por niveis, co desexo de que os libros sigan sendo compañeiros de aventuras, aprendizaxes e momentos inesquecibles. 

Agardamos que desfrutedes dunhas felices vacacións cheas de lecturas, descubrimentos e tempo en familia. Vémonos de novo o próximo curso con moitas ganas de seguir lendo e medrando xuntos. 

Bo verán!

















20 jun 2026

Despedida Curso 25-26

 Familias! Con moita nostalxia despedímonos ata o próximo curso. O Equipo da Biblioteca Asunción Antelo, quere agradecer a todas aquelas personas que participaron e colaboraron durante todo o curso escolar, facendo posible todos os bos momentos que levamos na memoria.

 

Gracias a todos os colaboradores de Sexto conta Moito polas súas historias, gracias a todos os colaboradores da Biblioteca nos recreos por facer que todos poidan disfutar dela coa vosa axuda diaria, gracias a todos os participantes no Certame de Talentos e a todos aqueles e aquelas que partícipáchedes nalgún momento puntual. 

Grazas!!!

 

Colaboradores Biblioteca 2025-2026:


Participantes no Certame de Talentos: 


 

As familias Contan

 Quédanos por compartirvos os últimos recordos que temos deste ano en relación ao proxecto "As Familias Contan" en 2º de Primaria.

Neste caso, os afortunados coas visitas foi o alumnado de 1º e 2º de Primaria os cales recibiron no mes de marzo, coincidindo coa Semana Cultural, a visita de dúas familias do alumnado de 2º as cales trouxeron platos e doces típicos do seu país. 

Tamén tivemos a sorte de poder entrevistar na nosa Radio a Fer Romero, Comentarista Deportivo na Radio Galega.

 

-A familia dos compañeiros Jad e Iyad, deixáronnos abraiados cunha presentación sobre pratos típicos de Marrocos, como por exemplo o  Cuscús, Tajín e Khobz (pan). E non só iso, cociñaron para nós, estaba todo riquísimo!! Moitísimas gracias!



 






 

-A mamá de Ciro de 2º de Primaria, encandilounos cun obradoiro de Alfajores Argentinos, e deixounos

unha mostra rematada por ela coa receita para poder disfrutar na casa.








- Para rematar compartímosvos un vídeo que contén a Entrevista a Fer Romero (non é familia da profe Noe, pero sí amigo). Experiencia na que aprendimos moito sobre o oficio e sobre a vida. Moitas gracias Fer pola túa valiosa visita.


Entrevista Fer Romero

 

 Gracias a todos e todas!

 

17 jun 2026

Día da Biblioteca 23 de Abril

 O 23 de Abril conmemoramos o Día da Biblioteca como máis nos gusta, lendo e escoitando ler aos compañeiros ao aire libre. Así, dedicamos a nosa sesión de lectura a ler en parellas ou pequenos grupos.

Así as historias saben moi ben e aprendemos moito dos nosos compañeiros maiores!