fondo red white blue

columnas enlaces

22 ene 2026

Lembranzas de Sexto Conta Moito no mes de decembro

Moi boas, familias! No mes de decembro foron varios os nosos artistas contacontos que animaron os nosos xoves. Aquí están as fotiños de recordo dalgúns deses momentos cos que nos agasallaron aos máis peques.

 Moitísimas gracias a todos e  todas!

 

Alicia e Uxía con 2º de Primaria: 

 





Aroa Pérez, Nayara e Amanda con 1º de Primaria:

 

   



 

Lembranzas do Sexto conta Moito no mes de Novembro

 Familias! 

Aquí temos o resumo fotográfico de diversos momentos nos que o alumnado de Sexto de Primaria abraiou contando historias aos nosos principiantes e prelectores. Xa están con ganiñas de poder imitalos lendo todas as aventuras tan ben narradas.

Moitísimas gracias, rapaces!

 

Dani e Adrián co grupo de 5º de Infantil:



 Thiago e Anthony co grupo de 6º de Infantil:

 




 

Lembranzas do Sexto conta Moito no mes de Outubro

Familias, aquí temos fotiños de recordo do ben que o pasamos ao longo do mes de outubro. No cal, os nosos maiores narraron as mellores aventuras aos máis peques do cole.

Moitísimas gracias, rapaces e rapazas!! 

Dani Pensado e Dani Añón co grupo de 4º de Infantil:

 





 

 

Alyssa e Marta co alumnado de 1º de Primaria:

 

 






19 dic 2025

Un agasallo de Nadal


 

Para finalizar o trimestre elaboramos o noso tradicional tríptico de recomendacións lectoras para as vacacións. Este ano quixemos dar un paso máis e espertar a curiosidade do alumnado cara ás lecturas seleccionadas. Por iso, os libros foron coidadosamente empaquetados para que a súa elección se convertese nunha sorpresa. Cada exemplar presentouse como un agasallo de Nadal e foi acompañado dun bombón, o que contribuíu a incrementar o interese polo préstamo. Así mesmo, aproveitamos estas datas para ampliar o noso catálogo de novidades incorporando títulos actuais e atractivos para os nosos lectores.

18 dic 2025

DOCE NADAL



O segundo obradoiro de Nadal consolidouse xa como unha tradición da nosa biblioteca. Nesta actividade, o grupo de 4.º da ESO de Proxecto Interdisciplinar, dirixido pola profesora de francés Eva Parcero, compartiu co estudantado de 1.º da ESO a preparación dun doce típico destas datas. Nesta edición, os máis novos aprenderon a elaborar unha sobremesa de follado e chocolate con forma de árbore de Nadal.

 

17 dic 2025

DECORACIÓN DA BIBLIOTECA E OBRADOIRO DE ADORNOS DE NAVIDAD


 

Durante o mes de decembro comezaron as actividades relacionadas co Nadal. En primeiro lugar, un grupo de alumnado voluntario encargouse da decoración da biblioteca. Ademais, levouse a cabo un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal con materiais reciclados. Para iso reutilizamos antigos dicionarios dados de baixa, cuxas páxinas empregamos para confeccionar orixinais bólas de Nadal.


16 dic 2025

Suxerencias Lectoras Nadal 25-26

 Queridas familias! Xa están aquí as suxerencias lectoras da Biblio Asunción Antelo por se queredes engadilas á lista de Papá Noel, os Reis Magos ou nun detalliño familiar.  

Ben avisados quedades de que este ano as propostas son moi comestibles. Nós xa lle pegamos un bo mordisco a algún libro do interesantes que son. 

Agardamos que os disfrutedes moito e que pasedes un moi bo Nadal.

Unha aperta grande dende a Biblio do Pichel!

 


 



12 nov 2025

Sexto mete medo!

 Na última semana de outubro, a Biblioteca encheuse de historias de pantasmas, morcegos, bruxas, cabazas... Chegaron da man do noso alumnado de 6º que sempre narra fermosas historias, inda que... Neste caso foron terroríficas! 

O alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria quedamos abraiados co ben que contan os contos!

 Moitas gracias aos maiores!

 



 











Día das Bibliotecas

 O pasado 24 de outubro  conmemorouse o día das Bibliotecas. 

Dende o centro aproveitamos para decorar a nosa Biblioteca Asunción Antelo coa temática do proxecto de centro anual: "Un Mundo de Sabores"

 Para levalo a cabo cada grupo elaborou o que sería para eles a "Receta do Libro Ideal". Alucinamos coa gran inventiva e imaxinación que están demostrando xa a inicio de curso estes rapaces e rapazas. 

Noraboa!!

 









30 oct 2025

¡UN ESCAPE ROOM TERRORÍFICO!




O alumnado de 2.º da ESO organizou un escape room dirixido ao resto dos seus compañeiros, tomando como fío condutor o relato de terror. Traballáronse autores como Edgar Allan Poe, Guy de Maupassant, Richard Matheson, Stephen King e Cristina Fernández Cubas. O grupo gañador, que traballou o relato "El vestido de seda blanca" de Richard Matheson, foi o encargado de organizar a celebración final do Samaín, decorando a biblioteca e desenvolvendo unha serie de sesións dirixidas ao resto do alumnado do centro.