fondo red white blue
columnas enlaces
30 oct 2025
¡UN ESCAPE ROOM TERRORÍFICO!
27 oct 2025
As familias contan!
Bo día, familias!! Iniciamos un novo curso as nosas visitas familiares, nas que asistimos a escoitar as vosas historias, contos, aventuras… Tamén a a realizar obradoiros e talleres.
Este curso iniciámonos coa visita de Beatriz, a mamá de Roi de 5º de Infantil.
Escoitamos moi atentamente a narración dun conto chulísimo!
7 oct 2025
Sexto conta Moito!
Canto botabamos de menos as aventuras narradas polas nosas maiores. O día 2 de outubro,
Nayara, Amanda e Aroa Pérez foron as encargadas de realizar a apertura dos Contacontos.
Aquí vos deixamos unha mostra dese momento no que o alumnado de 3 anos, disfrutamos moitísimo con elas.
Gracias rapazas!
18 jun 2025
Recomendacións Lectoras de Verán
Queridas familias, rematamos un novo curso escolar que estivo cheiño de contos, historias, aventuras, intrigas…
Aquí deixamos o tríptico no que propoñemos algunhas lecturas para este verán. Seguide deleitándovos sempre da lectura e lembrade que:
“A lectura prende a mente e esperta a imaxinación”!
17 jun 2025
Colaboradores Biblioteca Asunción Antelo
Agradecementos infinitos a todos os colaboradores que tanto nos axudaron este ano cos préstamos da Biblio.
Mil gracias, rapaces e rapazas!!
As familias dos profes tamén contan!
Letras Galegas 2025
Aquí van unhas fotiños da exposición:
O alumnado de 6º ao completo, interpretou unha obra de teatro para infantil e primaria na Biblioteca, “Dorothé e a música dos pobos”.
Sinopse da obra:
Dorothé Schubart, unha musicóloga suíza apaixonada polas músicas tradicionais, percorre Galicia na procura de voces que gardan a memoria do pobo. En cada vila atopa mulleres que cantan a vida, o traballo e o sentir do país.
Con axuda da pequena Xoaniña (personaxe ficticio), Dorothé recolle cancións, historias e emocióna que forman parte da alma galega.
A obra fai parada en Erbecedo (Coristanco) onde coñecemos a figura da cantareira María Castro Romero. En Cerceda, coñecemos a Rosa e Adolfina. En Mens (Malpica) coñecemos a Prudencia, Asunción e Manuela. Rematamos en Muxía coa figura de Eva Castiñeira.
Aquí van algúns deses momentos:
5 jun 2025
Concurso Asunción Antelo
Como todos os anos, o Concello de Coristanco, en colaboración dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Canosa-Rus, CEIP Bormoio-Agualada e Cra A Tarandeira, organiza o X Certame Artístico-Literario de Asunción Antelo, figura e referente artístico e literario grazas a súa gran bagaxe e legado cultural formado por innumerables obras de madeira, pedra e barro; e da que afloraron tamén ringleiras de versos froito da súa vizosa creatividade.
A finalidade desta convocatoria, un ano máis, é conmemorar a herdanza desta autora con gran sensibilidade e emoción poética, que escribía con liberdade, poemas nos que describía cos detalles máis minúsculos, pedaciños da súa vida. Pretendemos así fomentar os valores literarios, promover a creación e a difusión cultural de Coristanco e descubrir o talento tendo como inspiración a Asunción Antelo, Rexubeira de Bergantiños.
Aquí deixamos unhas fotiños dos traballos do noso alumnado:
4 jun 2025
A Nosa Rosalía de Castro
Ao longo do segundo trimestre, levamos a cabo diversas conmemoracións como o Día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), Día Internacional da Muller (8 de marzo) e o Día da Poesía (21 de marzo).
Para todas elas, participamos cada clase de infantil e primaria, elaborando peciña a peciña cada parte da nosa escultura.
Unha Rosalía elaborada a partir de diferentes texturas aportadas por cada grupo recíbenos na entrada do centro, amosando unha saia con poemas ou información de diversas escritoras e poetisas, todas elas mulleres.
Por Rosalía de Castro, pola Poesía e por todas as mulleres que tanto loitaron e loitan por unha igualdade real e xusta.































