fondo red white blue
columnas enlaces
31 ene 2024
Festexo Día da Paz
29 ene 2024
Sexto conta moito
O xoves pasado foron Fernando e Manuel de 6ºB os que visitaron a Biblio para contarnos un conto ao grupo de 1º. Moitísimas grazas, rapaces!
Aquí quedan algunhas fotiños de recordo:
As familias contan
Nestas semanas tivemos a varios Contacontos, irmáns maiores do centro. Neste caso foron Iria, Noé, Sebas e Diego.
Que sorte temos!!!!
Iria de 6ºB visitou ao seu irmán Eloi e os compañeiros de 1º:
Noé e Sebas de 3ºA visitaron aos seus irmáns Julia e Nuno en 6º de Infantil:
Do mesmo xeito, Diego de 3ºA visitou este mesmo grupo no cal está a súa irmá, Lara:
24 ene 2024
DÍA DA PAZ, SECUNDARIA
19 ene 2024
Sexto conta moito
Voltamos aos nosos xoves de fascinantes historias narradas polos compañeiros de 6º de Primaria.
A semana pasada os nenos e nenas de 5º de Infantil puidemos gozar coa lectura contada por Helena e Miguel de 6ºA. Este xoves foron Martín e Hugo da mesma clase, os que nos encandilaron aos de 6º de Infantil.
Aquí quedan algunhas fotiños deses momentos:
21 dic 2023
Taller Navideño. SECUNDARIA
Novidades Nadal . SECUNDARIA
Suxerencias Lectoras para este Nadal
Pois non sabemos como, pero xa chegou o Nadal. A vós tamén vos pasou voando este primeiro trimestre?
Aproveitemos logo para cargar pilas e coller forzas para o segundo. Mentres iso facemos... Podemos acompañalo de boas lecturas, non?
Aquí vos deixamos algunhas suxerencias con mooooi boa pinta! Xa nos contaredes se os léchedes que foi o que máis vos gustou de cada historia!
Unha forte aperta, lectores. Agardamos que pasedes un Feliz Fin de Ano!!
Mercado Solidario de Nadal
Un ano máis de éxito co noso "Kilo x Libro" de Nadal, onde cambiamos un kilo de comida
por unha lectura. Sen dúbida un fermosísimo intercambio.
Gracias familias polas vosas aportacións e solidaridade, así da gusto!
20 dic 2023
As Familias Contan!!
É unha marabilla poder escoitarvos ás familias narrando contos aos peques do cole. Failles moitísima ilusión a eles e a nós. Aquí temos unha pequena mostra dos protagonistas de contos nas últimas semanas.
Elisa, irmá de Aleixo, visitou a 6º de Infantil:
Alba, irmá de Daniel, visitou a todos os de 6º de Infantil:
Zoe en 6º de Infantil recibiu a súa mamá (Lucía) e a súa tía:
Naiara (5º E.P) visitou ao seu irmán David no grupo de 1º E.P:
Ainoha (4º E.P) visitou ao seu irmán Lucas de 6º de Infantil:
Para rematar, hoxe mesmo, Candela (5º E.P) visitou ao grupo de 1º no cal está o seu irmán, Leo:
De verdade que non podemos estar máis agradecidos polas vosas visitas, historias narradas e emocións transmitidas.
Avisade para vir, as portas da nosa Biblio están abertas. Agardamos moitas máis familias á volta de Nadal. Animádevos!







































