fondo red white blue

columnas enlaces

29 abr 2022

VENRES DE ACHEGA: CERTAMES

 Bo día!

O vindeiro mes de maio é mes de concursos e celebracións literarias!

Certame de Asunción Antelo, no que podedes participar dende distintas modalidades:

CÓMIC

NARRATIVA

POESÍA

MONOGRÁFICO

DEBUXO

Tedes de prazo ata o 11 de maio deste ano! así que animádevos e ide creando ...!

Podedes participar por todas as modalidades que queirades;) 

(Temática suxerida: Asunción Antelo, Coristanco...).

 

O 17/5/22, día das Letras Galegas, estará adicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán.  Aínda que no centro teredes actividades propostas ao repecto para facer, propoñémosvos adiantarvos e comezar a investigar un pouquiño sobre el!

E, para rematar hoxe, unha homenaxe a todas as nosas nais, as que están, as que estiveron e as que sempre estarán.

Algún libriño escollido na biblioteca:


Mil apertas!

Que pasedes moi bos días

;

22 abr 2022

VENRES DE ACHEGA: 23 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E OS DEREITOS DE AUTOR

 Boas!

Este sábado 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e os Dereitos de Autor.

O corto que escollemos para esta semana é probable que xa o coñezades, pero aínda así, coidamos que merece a pena volvelo ver.  E, para xs que non o vistes, velaquí vai tamén:

 


Que leades moito e, sobre todo, que gocedes co que escolledes ler!

Apertas mil

;


8 abr 2022

Moi boas vacacións!

 Dende o Equipo de Biblioteca desexámosvos moi boas vacacións e feliz descanso!

;

4 abr 2022

2 de abril: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 Bo día!

O 2 de abril celebrouse o Día Mundial da Concienciación sobre o autismo.

Na biblioteca atoparedes varios libros-contos que explican o autismo...  Preguntádenos!

Queremos deixarvos tamén hoxe outra maneira de ler un conto, con pictogramas:


Boa semana!

;

1 abr 2022

VENRES DE ACHEGA: 2 de abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 BO DÍA!

Estreando mes de abril, temos unha celebración ás portas, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra en recordo ao escritor danés de literatura infantil Hans Cristian Andersen, que naceu o 2 de abril de 1805 en Copenhague e finou o 4 de agosto de 1875. 

A celebración deste día vense celebrando dende 1967!  

A que coñecedes un montón de contos de Andersen?  O Parruliño Feo, Polgariña, O Soldadiño de Chumbo, O Traxe Novo do Rei ou A Sereíña xa son todos uns clásicos, pero por se aínda hai algún que non coñecedes ou que queredes lembrar, tedes na biblioteca mostras de varios dos seus contos.


 



 

Que os desfrutedes!


 



Que pensas deste conto?  Ensínanos algo?  Atréveste a contárnolo nos comentarios?

Boa fin de semana!  Apertas ;

21 mar 2022

21 de marzo: Día da Poesía, Día Mundial da Síndrome de Down, Día Internacional dos Bosques, Día Internacional da Eliminación da Discriminación Racial

 Bo día!

Hoxe, 21 de marzo, é un día onde se xuntan varias celebracións, como podedes ver no título desta entrada.

Na biblioteca tedes libros referidos a todas elas.

Boa semana!

;


18 mar 2022

VENRES DE ACHEGA: 21 de marzo, Día da Poesía

     Bo venres!

 

Estámonos achegando ao 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, que foi proclamado como tal pola UNESCO durante a súa 30º reunión en París en outubro-novembro de 1999, a proposta do editor Antonio Pastor Bustamante.

Esta celebración nace co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística e dar a oportunidade ás linguas ameazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.

Ademais, búscase promover o ensino da poesía, fomentar a tradición oral dos recitais poéticos, apoiar ás pequenas editoriais, crear unha imaxe atractiva da poesía nos medios de comunicación para que non se considere unha forma anticuada de arte, senón unha vía de expresión e restablecer o diálogo entre a poesía e as demais manifestacións artísticas, como o teatro, a danza, a música e a pintura.

Achegándose o Día da Poesía, queremos lembrarvos que hai unha estantería na biblioteca adicada a libros de poemas (tanto en galego como en castelán), e tamén unha selección das mesmas que vos mostramos a continuación e que están tamén dispoñibles nun dos expositores temporais da biblioteca:




E, para que practiquedes creando as vosas propias poesías, aquí vos deixamos unhas cantas axudiñas!

 


 

 Para xs que xa sodes un pouquiño máis maiores, uns apuntes-recordos SOBRE A MÉTRICA: 

 

Medir un verso é contar o número de sílabas métricas que o integran. As sílabas métricas non coinciden exactamente coas sílabas normais porque, ao medir versos, hai que ter en conta as seguintes regras:

Regra 1: Cando o verso acaba en palabra aguda, ou nun monosílabo, cóntase unha
sílaba más.
Por exemplo:
O – rí – o – An - llóns (5 + 1 = 6 sílabas)
Regra 2: Se o verso remata nunha palabra grave, non varía o número de sílabas.
Por exemplo:
A – o – lon– go – do - sen – dei - ro ... (8)
Regra 3: Cando o verso acaba en palabra esdrúxula, cóntase unha sílaba menos.
Exemplo:
Que – ver – des – es – tán – as – ár –bo – res (9 – 1 = 8)
Sinalefa: é a unión de dúas vogais que pertencen a palabras distintas no mesmo verso
cando unha palabra remata en vogal e a seguinte empeza por vogal.
Neste caso fúndense as sílabas ás que pertenecen ambas vogais e cóntanse como unha
soa sílaba.
Exemplo:
Es – ta – ba eu – no – por - to - de – Mal- pi - ca (10 sílabas)

 
E un espazo en branco para a reflexión😉  ;


11 mar 2022

VENRES DE ACHEGA: CONTO DA PAZ

 Boas!

 Seguimos cada xoves cos nosos contos da paz.  Para esta semana tamén foi escollido o conto da semana pasada ("Imos cazar un oso") pero esta vez contado por alumnado de sexto de Primaria a sexto de Infantil. 

Aquí tedes unha mostra de como foi!

 

 

 

👇Queremos achegarvos tamén un conto que está na biblioteca, dentro do expositor da Muller, titulado "Cuando las niñas vuelan alto".  Que gocedes da súa escoita e que pasedes moi boa fin de semana!

 


;


8 mar 2022

8 de marzo: Día da Muller

Bo día:

Hoxe celébrase 

Día Internacional da MULLER.   

Neste día conmemóranse todos os esforzos das mulleres que loitaron, que loitan e que loitarán por ter os mesmos dereitos que os homes.

Este día vense celebrando dende fai moitos anos, concretamente dende o ano 1911.  Algúns dos temas que se reivindican son a igualdade de oportunidades, a eliminación da violencia contra a muller e a igualdade no traballo.

 Grupos, asociacións, fundacións, ONGs e mulleres en xeral seguen loitando cada ano por acabar cos acosos, asasinatos, violencia de xénero, brecha salarial e as desigualdades en todas as súas formas. 

 

Dentro na biblioteca atoparás diversos libros adicados a esta temática, dende biografías de mulleres traballadoras destacadas, científicas, escritoras... ata libros sobre igualdade de dereitos e inclusión.

Non deixes de visitar a sección exposta con libros seleccionados e/ou preguntarnos se precisas axuda para localizar algún!

Que pases un bo día! Apertas

;


8 de marzo

💜   💜

 Día da Muller

4 mar 2022

VENRES DE ACHEGA: CONTO DA PAZ

 Boa   tarde!

Proseguen os nosos xoves de contacontos da Paz... 

Solidariedade e agarimo con todas as persoas que sofren... e o noso desexo de que estén libres de sufrimento.

"IMOS CAZAR UN OSO": Un fermoso conto lido por alumnos de 6º de E.P. a 5º de E.I., cun final feliz:

 


Boa fin de semana ;