fondo red white blue

columnas enlaces

23 may 2024

As familias contan!

 Bo día, familias! Nesta entrada amosamos recordos doutros momentos de contos narrados por irmáns maiores que visitaron ao grupo de 6º de infantil para deleitalos coas súas lecturas. 

Tivemos a visita de Joel de 5º irmán de Noa, acompañado polo seu compañeiro de aula, Lucas:



Así tamén, Elisa de 3ºB visitou o grupo do seu irmán Aleixo:



Moitas gracias!!🤩 

17 may 2024

DÍA DAS LETRAS GALEGAS EN SECUNDARIA





O Día das Letras Galegas decidimos contar coa presenza de María Canosa, que fixo un marabilloso percorrido pola traxectoria humana e literaria da gran poetisa Luísa Villalta. A través dun pentagrama e das súas distintas notas musicais, puidemos coñecer a fondo a esta gran autora. Foi unha xornada moi proveitosa na que todos aprendemos moito.

16 may 2024

Sexto conta Moito!

Hoxe foron Helena, Nerea e Ángel F. de 6ºA os narradores de Contos na Biblioteca. Ao alumnado de 2º A encantounos!!

Gracias, rapaces!





10 may 2024

As familias contan!

 Nestes días o alumnado de 6º de Infantil desfrutou dos contos narrados por dous irmáns maiores. Encántannos estas visitiñas!

- Joel de 3ºB, irmán de Anxo:



- Diego de 5º, irmán de Sara e Alba:



Moitas gracias, rapaces!!!

Sexto conta moito!

 Bo día, familias! Onte nos nosos xoves de Contacontos, foron Adrián e Ángel de 6ºA os narradores para o alumnado de 1º de Primaria.

Moitas gracias, rapaces!




6 may 2024

Sexto conta Moito!


 Bo día, familias!

Nas últimas semanas tivemos varios xoves completiños nos contacontos a cargo de:

Iria e Nerea de 6ºB ao alumnado de 4º de Infantil:



Mateo e Gabriel de 6ºB ao alumnado de 5º de Infantil:





Helena, Nerea e Iris de 6ºA ao alumnado de 6º de Infantil:




Moitísimas gracias a tod@s!!



29 abr 2024

DÍA DO LIBRO 2024

Boas a todos e a todas!

O pasado martes 23 de abril celebramos no colexio o Día do Libro compartindo cos nosos compañeiros e compañeiras os nosos libros favoritos! Tamén nos gravamos dicindo porque nos gustan tanto! Por aquí vos deixamos uns vídeos do marabilloso día que pasamos 😊.

Apertas!!

Día do Libro 2024 (EI)

Día do Libro 2024 (1º e 2º EP)

Día do Libro 2024 (3º e 4º EP)

Día do Libro 2024 (5º e 6º EP)

23 abr 2024

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO EN SECUNDARIA






O 23 de abril, o Día do Libro, realizáronse varias actividades ao longo do día. A primeira foi un taller de Encadernación co Obradoiro Penumbra. Tamén lles repartimos a todos os alumnos un ramo de craveis, cunha frase alusiva á literatura e unha explicación de por que se celebra o Día do Libro. Para finalizar, o equipo da biblioteca fixo unha exposición para mostrar algunhas das mellores obras adquiridas.

11 abr 2024

Sexto conta Moito!

 Boas tardes! Hoxe foron Dani e Gabriel de 6ºB os que narraron xenial un conto para os nenos e nenas de 2º de Primaria. Moitas grazas, rapaces!

Aquí deixamos unhas fotiños dese momento:






5 abr 2024

Sexto conta Moito!

Boas, familias! Retomamos os nosos xoves de contacontos. 
Onte abriron o terceiro trimestre Soukayna e Iria de 6ºB para o alumnado de 1º de Primaria.
Moitísimas gracias, rapazas!