E aquí temos outro xoves de ledicia! Neste caso os nenos e nenas de 5 anos gozamos co conto narrado polas compañeiras Ainoha e Iris de 6ºA.
Moitísimas grazas!!
E aquí temos outro xoves de ledicia! Neste caso os nenos e nenas de 5 anos gozamos co conto narrado polas compañeiras Ainoha e Iris de 6ºA.
Moitísimas grazas!!
Este xoves pasado os peques da clase de 4 anos gozamos co conto que nos narraron Iago e Elva de 6ºA.
Fixérono moi ben. Moitas gracias, rapaces!
Moi boas, familias! Acabamos de gozar o noso anual concurso de Contos de Medo no cal os gañadores foron os seguintes contos:
-Grupo de 4º de Infantil (Agarrádevos que estos pequenos chegan pisando forte…)
-Grupo de 2º de Primaria (Noraboa polo traballo en equipo, rapaces!)-Irina Puga Bertoa de 3ºA (Parabéns, Irina!)
-Carla Lema Taibo de 5º (Moi ben, Carla, moitas felicitacións!!)
Moitos parabéns tamén a todas e todos os participantes un ano máis!
Boas a todos e a todas!
Familias, achégase o día máis terrorífico do ano no Pichel e a nosa biblioteca xa está preparada coas lecturas do Samaín. Estamos tremendo de medo!!!!
Este martes 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas como non podía ser doutro xeito, gozando todos xuntos das lecturas da nosa Biblio. Os maiores do cole contáronnos aos peques aventuras e historias. Queremos mostrar algúns deses momentos no seguinte link.
Apertas a todos/as!
Moi boas, familias! Esta semana Nerea e Brais de 6ºA iniciaron os xoves de “Sexto conta moito” ao alumnado de 3 aniños co libro de “Hay un oso en mi silla”. Encantounos, moitas gracias rapaces!!
Ola a todos, nenos e nenas, mestres e mestras, nais e pais, benvidos ao novo curso.
Xa abrimos a biblioteca este mes cun gran éxito, moitos rapaces veñen na hora do recreo a facer consultas nos ordenadores e a gozar dos numerosos libros que poden ler na sala ou levar emprestados para casa.
Este curso continúan co legado de colaboradores os rapaces de sexto, que están encantados de poder emprestar libros a través do programa Meiga aos alumnos a partir de terceiro. Os máis pequenos ollamos os libros que nos interesan e suxerimos á nosa titora os que nos gustan para levar á aula.
Aí van
algunhas fotos dos recunchos da nosa biblioteca: