fondo red white blue

columnas enlaces

16 jun 2023

TRÍPTICO VERÁN 2023

Boas a todos e a todas!

Estamos chegando ao final deste curso... E por iso vos queremos deixar unhas recomendacións lectoras para este verán! 

Esperamos que disfrutedes moito! Vémonos en setembro!

BO VERÁN! :)


7 jun 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Ola amigos e amigas!

Con este post especial de tres entrevistas rematamos o programa "Preguntándolle ó pasado". Moitas grazas por escoitarnos e por participar. Agardamos que vos guste.




Apertas!

2 jun 2023

CONTACONTOS "SORPRESA!" (A Xanela do Maxín)

Boas a tod@s!

Hoxe tivemos a sorte de ter na biblioteca o contacontos "Sorpresa!" por parte de Sara Laya de "A Xanela do maxín" para o alumnado de infantil, 1° e 2° de EP. Encantounos! Pasámolo en grande!

Boa fin de semana :)

1 jun 2023

CERTAME "ASUNCIÓN ANTELO"

Boas a tod@s!

O pasado venres o Concello de Coristanco entregou os premios dunha nova edición do certame "Asunción Antelo", promovido co motivo do Día das Letras Galegas. Por aquí vos deixamos unhas imaxes dos traballos dos gañadores do noso colexio e máis dos finalistas!

Apertas!

30 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Ola a tod@s! Continuamos co programa. Yupi!

Esta vez a achega ven de parte de Xoel de 2°B, o cal entrevistou a súa avoa, Pilar. Moitísimas grazas por participar!


Apertas!

29 may 2023

VIII ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA "ASUNCIÓN ANTELO"

Bo día!

O pasado venres tivemos a sorte de celebrar o VIII aniversario da biblioteca "Asunción Antelo" coa visita de Cristina Abelleira, Isabel Rey e Teresa Dosil. Fíxose un coloquio no que se falou sobre Asunción, contáronse anécdotas... E Adrián de 6°A e Lucía de 6°B leron dúas poesías dela. Ademais, Carlos Cotelo de 2° da ESO tocou o himno galego co colofón. 

Para celebralo tamén contamos cunha exposición de traballos dos rapaces, de 1° a 6° de primaria, recreando obras de Asunción. 

Por aquí vos deixamos unhas imaxes:
Apertas!

22 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Boas a todos e a todas!

No segundo capítulo interesarémonos pola vida de Luz, a bisavoa de Nadira. 
Cal cres que é o traballo dos seus soños?


Apertas!

12 may 2023

PROGRAMA "PREGUNTÁNDOLLE Ó PASADO"

Ola a tod@s!

Comezamos o programa "Preguntándolle ó pasado". Hoxe escoitaremos a historia de Carmen. Moitísimas grazas por contarnos cómo era a vida do pasado en Coristanco!
E, agora, a aprender. Yupii!


Boa fin de semana :)


11 may 2023

SEXTO CONTA MOITO

Bo día!

Onte na biblioteca durante o plan lector, Paula e Alexia de 6°B léronlle a 4° e 5° de infantil o conto: "Chuvisca". Os pequenos e pequenas do cole riron un montón con el! Encantoulles! :)

Boa fin de semana!

5 may 2023

SEXTO CONTA MOITO

Boas a todos e a todas!

Onte na sesión de "SEXTO CONTA MOITO", Adrián e Pablo de 6°A léronlle o conto "O traxe novo do rei" a 2° de primaria. Aquí vos deixamos unhas imaxes do atentos que estaban!
Boa fin de semana :)