Aquí vos deixamos unhas imaxes de Martiño e Yerai de 6°A contándolle un conto a 2° de primaria o xoves pasado na sesión de "Sexto conta moito".
Apertas!!
Boas a todos e a todas!
Este luns, 30 de xaneiro, conmemorouse o Día da Paz e a Non Violencia e, no centro, levamos a cabo dúas actividades moi enriquecedoras! Por unha banda, decoramos as escaleiras do colexio con frases que nos fan recordar a importancia da tolerancia, do respecto, da convivencia... E, por outra banda, cada clase preparou un conto ou poesía da paz que expuxeron no patio para todos os compañeiros e compañeiras. Que ben o fixeron!
Por aquí vos deixamos un pequeno vídeo do gran día que pasamos: