fondo red white blue
columnas enlaces
11 nov 2022
SEXTO CONTA MOITO
Bo día a todos e a todas!
Este xoves en "Sexto conta moito", Martiño e Yeray léronlle a 2° de primaria o conto de "Imos cazar un oso". Que ben o pasamos!!
Apertas!!
10 nov 2022
7 nov 2022
SEXTO CONTA MOITO!
Boas a tod@s!!
Comezamos nova semana e con ela novas lecturas!
Estas son as imaxes de "SEXTO CONTA MOITO" do xoves pasado. Paula e Lara de 6° B léronlle o conto de "Onde viven os monstros" a 6° de infantil e 1° de primaria.
Apertas!!
27 oct 2022
SEXTO METE MEDO!
Boas a todos e a todas!
Como estamos na semana máis terrorífica do ano... Hoxe levamos a cabo a actividade: "Sexto mete medo", na cal o alumnado de 6° de primaria foi polas aulas contando historias de medo! Que divertido!
E, durante o plan lector, o alumnado de 5° de primaria tamén gozou dos libros de medo na biblioteca do colexio!
BO SAMAÍN!!
25 oct 2022
DÍA DAS BIBLIOTECAS (24 DE OUTUBRO)
Boas!
Onte celebramos no colexio o Día das Bibliotecas cunha actividade moi enriquecedora! Os maiores de primaria contáronlle contos aos pequenos e pequenas do cole! Por aquí vos deixamos o vídeo:
Apertas!!
21 oct 2022
SEXTO CONTA MOITO!
Boas a todos e a todas!!
Este xoves puxemos en marcha a actividade "Sexto conta moito", onde cada semana no plan lector contaranlles un conto aos pequenos e pequenas do colexio!
Esta semana tocoulle a 4° e 5° de infantil e encantoulles! Como xa se achega o Samaín... Contáronlles o conto de "Monstruo, ¡sé bueno!".
Boa fin de semana!!
13 oct 2022
Empezamos curso!
Ola a todos, nenos e nenas, profes, nais e pais, benvidos ao novo curso. Xa abrimos a biblioteca este mes cun gran éxito, moitos rapaces veñen na hora do recreo a facer consultas nos ordenadores e a disfrutar dos numerosos libros que poden leer na sala ou levar emprestados para casa. Xa tiñamos gañas de estar xuntos, nenos de diferentes aulas, e sin mascarillas no centro e na biblioteca.
Este curso retomamos tamén a figura dos colaboradores de biblio, os rapaces de sexto que están encantados de poder emprestar libros a través do programa Meiga aos alumnos a partir de terceiro. Os máis pequenos miran os libros e suxiren a súa titora os que lles gustan para levar a súa aula.
Esta semana fixemos as visitas guiadas aos rapaces de infantil, primeiro e segundo, coa idea de que saiban cales son os libros axeitados para eles e onde están.
Ahí van algunhas fotos destes primeiros días:

30 jun 2022
17 jun 2022
VENRES DE ACHEGA: Lecturas recomendadas para o verán
Bo día!
Xa respirando aires de verán e cos últimos impulsos e esforzos deste duro mes, queremos hoxe achegarvos o tríptico das lecturas recomendadas para o verán.
Dende a coordinación da biblioteca e de parte de todo o equipo, desexamos que esta selección sexa do voso agrado (están recollidas as últimas novidades das editoriais e outros títulos atractivos!).
Que gocedes moito con estes e/ou outros libros durante o verán. E dicirvos tamén que algúns deles xa os temos na biblioteca preparados para o empréstito no curso que vén.
Moitas grazas por lernos, por seguirnos e por formar parte desta rede que tecemos xuntos.
Moitísimo ánimo para estes últimos días!
Con agarimo
;
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














