fondo red white blue

columnas enlaces

10 jun 2022

VENRES DE ACHEGA: Visita do escritor Héctor Cajaraville

 Bo día!

Hoxe queremos achegarvos ao encontro literario desta semana na biblioteca: a visita de Héctor Cajaraville.  Si que é verdade que desta vez non tivo que alonxarse moito xa que, como sabedes, Héctor é profesor no noso centro.

Falou dun dos libros que escribiu e que foi lido nas aulas de 5º nivel, Kusuma, toda unha fábula con animais chea de ensinanzas.

Moitas grazas a Héctor polo encontro.  Coidamos que vos gustou moito!

Que pasedes unha boa fin de semana longa!

 

 

;

3 jun 2022

VENRES DE ACHEGA: TOUPICIENCIA E ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA

 Bo día!

Deixámosvos cuns recordos da actuación de A Xanela do Maxín co espectáculo Toupiciencia, onde nos ensinaron a facer varios experimentos cun toque de humor.



Tamén do aniversario da nosa biblioteca, co recitado de poemas de Asunción Antelo levado a cabo por cada un dos grupos de Educación Infantil e Primaria.


 

Felices encontros, a que si?

Como sempre, podedes deixarnos as vosas opinións nos comentarios!

Boa fin de semana!

;

 

1 jun 2022

Respecto

 Bo día.

Dende a biblioteca queremos solidarizarnos con todas as vítimas de violencia.  Manifestamos o noso rexeitamento ás agresións e estamos segurxs de que só se pode avanzar educando en respecto e igualdade.

Enviamos ánim💜 e agarim💜 a todxs xs afectadxs

;