Para afrontar a semana con ganas e motivación, aquí vos deixo un vídeo resumo do ben que o pasamos o día do Entroido no cole. Foi una celebración diferente ao que estamos acostumados, pero non por iso pasámolo peor!
Este ano unímonos á proposta do Departamento de Lingua Galega e Literatura e o Equipo de Dinamización da Lingua do noso centro para crear "un xardín para Rosalía", traendo un elemento vexetal acompañado dun pequeno texto poético.
O 24 de febreiro festexamos a nosa xenial Rosalía. Gracias ao bloguesquío (Blogue da Biblioteca do CEIP Saco e Arce de Toén) publicamos unidades didácticas para todos os niveis.
Iremos contando as actividades realizadas no noso centro.
O día 11 de febreiro celebrouse o "Día da muller e da nena na ciencia". Aquí podemos ver un vídeo sobre a campaña para acabar coa discriminación da muller na ciencia.
Ola rapaces e rapazas:
Este xoves os rapaces de sexto representaron o conto "A historia de Ferdinando", un conto sobre un touro pacífico ao que lle gustaban moito as flores. Asistiron a representación os rapaces de infantil, primeiro, segundo e terceiros. Os nenos e nenas de sexto disfrutaron moito e os pequenos pensamos que tamén. Aquí podemos ver o video:
Como levades a semana máis divertida do ano? Molláronvos moito por non cumplir cos mandadiños?
Xa estamos a piques de rematar esta semana que tanto nos gusta no cole. Mañá non haberá desfile polo pobo, nin chocolatada coas familias pero, de seguro, será un día especial e pasarédelo xenial.
A modo de despedida, déixovos o vídeo que pon punto e final aos mandadiños do Entroido 2021. Foi un pracer celebralo xuntos un ano máis. E, recordade, descansade ben hoxe para mañá vir con mocitas ganas de festa!
Ata pronto familia!!
Aproveitade os días de descanso que veñen para cargar as pilas!!
Ola ola amig@s!! Estamos nunca semana moi divertida, verdade?! Pasámonos por aquí para deixarvos os últimos mandadiños do Entroido. Mañá é un día importante porque, xa sabedes, como non traigades as cousiñas...alguén vos mollará!! Nós non arriscaríamos...
Que tal estades? Preparados para unha das semanas máis divertidas do ano? Que ganas tiñamos de que chegara o Entroido! E para comezar, como xa sabedes, contamos cos mandadiños que, a través de personaxes famosos de Entroido galego, indícannos o que temos que traer cada día ao cole. Recordade que os mandadiños son acumulativos e que o venres viremos disfrazados libremente para, de xeito especial polas circunstancias, celebrar esta festa tan querida por todos.
Deixovos, a continuación, o vídeo de presentación, o primeiro reto que vimos o venres no cole e o reto de hoxe.
Xa está a piques de rematar a fin de semana e queríamos que vísedes os contos, poemas e creacións que se fixeron para conmemorar o Día da Paz dende o cole. Dada a situación que estamos a vivir, non era posible xuntarnos para escoitar os contos en directo como fixemos outros anos, así que, unha vez máis, adaptámonos!
A continuación vos deixo os diferentes traballos para que disfrutedes e aplaudades o bo facer dos compañeiros e compañeiras dos diferentes niveis!
Punto e Coma pasan por aquí para publicar un vídeo moi especial. Se recordades, o pasado venres 29 de xaneiro celebramos o Día da Paz e da Non Violencia no cole. Un día especial e, como todo neste ano, un pouco atípico. Por iso, decidimos poñerlle un pouco de cor e esperanza coas fermosas ás compostas polas plumas pintadas polo noso alumnado. E ala fómos todos a sacar unhas fotiños especiais que, a continuación, podedes ver