Aquí van as fotos do recitado que fixeron unhas nenas de 5º e 6º o día 12 de decembro as 12. Fixérono a través do micrófono do centro e as aulas escoitaron coas portas abertas. Estivo xenial.
fondo red white blue
columnas enlaces
19 dic 2012
ACTIVIDADES NADAL
Esta última semana de Nadal temos moitas actividades para pasalo en grande: O martes Suso leeunos na biblioteca dous contiños escritos para kamishibai polo que damos as gracias ao CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás pola idea. Estes contos son O apalpador e A lenda da árbore de Nadal. Así mesmo leeu tamén o conto Cando Martiño tivo ganas de mexar a Noite de Reis.Asistiron os nenos/as de Ed. Infantil e 1º E.P.
O xoves 20 os mesmos rapaces, xunto con 2º E.P, irán ao edificio de secundaria onde a escritora Dores Tembrás falará e contará o seu libro
O peizoque Roque.
Engadiremos fotos en canto poidamos.
Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.
Desexamos que pasedes unhas boas vacacións!
O peizoque Roque.
Engadiremos fotos en canto poidamos.
Aproveitamos para mandarvos o tríptico de recomendacións de lecturas para o Nadal.
Desexamos que pasedes unhas boas vacacións!
7 dic 2012
HOMENAXE A CELSO EMILIO
-Esta semana que entra faremos a lectura do poema de Celso Emilio,ademáis doutras actividades que iremos vendo.Eiquí incluímos unhas actividades para xogar e recordar ao noso poeta.
http://engalego.es/panel/alm/chs/aurora/celsolim48/lim.swf?libro=celsolim48.lim
26 nov 2012
25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe tódolos nenos, nenas e docentes levamos un laciño violeta para lembrar este día.
LIBROS RECOMENDADOS PARA A SÚA LECTURA NESTA SEMANA:
19 nov 2012
Día Universal de la Infancia.
El día 20 de Noviembre es el Día Internacional de los Derechos del Niño, o Día Universal de la Infancia.
Es una fecha que nos hace recordar que un niño no es solamente un ser frágil que necesita que se le proteja, sino también una persona que tiene el derecho a ser educado, cuidado y protegido. Un niño es una persona que tiene el derecho a divertirse, a aprender y a expresarse. Todos los niños tienen el derecho de ir a la escuela, a recibir cuidados médicos, y a alimentarse para garantizar su desarrollo en todos los aspectos.
Libros recomendados:
Libros recomendados:
13 nov 2012
Prestige
Hoxe cumprese o décimo aniversario do afundimento do Prestige.
Sempre na nosa memoria...
Dende a Biblioteca recomendamos a lectura dos seguintes libros relacionados coa traxedia:
6 nov 2012
DÍA DA BIBLIOTECA
NO DÍA DA BIBLIOTECA FIXEMOS CONTACONTOS E REPARTIMOS AS MOCHILAS VIAXEIRAS...
E AQUÍ VAN AS FOTOS DOS RAPACES DE 6º CONTANDO UN CONTO E MÁIS RECIBINDO AS MOCHILAS VIAXEIRAS:
3 nov 2012
Que meeeeeedooooooo!!!!!
O mércores, aproveitando que se celebraba o Samaín, os alumnos de 2º de primaria visionaron a curtometraxe A Danza dos esqueletos, de Walt Disney, de 1929.
Fixáronse no son e nas imaxes para ver cómo se combinan todos eses elementos co fin de crear un clíma lúgubre. Se ti tamén queres facer este exercicio, aquí vai o vídeo, que o disfrutes!
Fixáronse no son e nas imaxes para ver cómo se combinan todos eses elementos co fin de crear un clíma lúgubre. Se ti tamén queres facer este exercicio, aquí vai o vídeo, que o disfrutes!
30 oct 2012
SAMAÍN 20012

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes.
PARTICIPA NO CONCURSO DE CABAZAS 2012!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















