fondo red white blue

columnas enlaces

20 may 2012

Xornada de convivencia: roteiro a Verdes

 O último día da Semana Cultural, 18 de maio, os alumnos e varios profesores
de ESO  fixemos unha xornada de convivencia. 
O roteiro  a Verdes foi todo un éxito.










Nos vindeiros días teredes a vosa disposición  as fotos de toda a xornada na galería da web do centro.
Gracias a todos polo voso comportamento exemplar!!

16 may 2012

ACTIVIDADES BIBLIOTECA



Ahí vai unha mostra das actividades feitas na biblio este mes.Os rapaces de 4º  recitan versos de Gloria Fuertes.Unha delicia.





Os de 5º tamén quixeron recitarnos "Cuentos en verso para niños perversos" de Roald Dhal;en este caso só van fotos,procuraremos publicar o video que demostre o seu bo facer e entusiasmo.







14 may 2012

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Nesta semana celebramos no CPI Alcalde Xosé Pichel o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano a figura homenaxeada é VALENTÍN PAZ ANDRADE.
Toda a información aquí:

10 may 2012

     




Estamos preparando a semana das letras galegas,xa publicaremos as actividades.Ahí vai un video para facer boca,os rapaces de 4º cantarán esta canción no concello e máis no colexio, coa versión en karaoke.

9 may 2012

Parabéns a nosa compañeira Mercedes Queixas

 A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) premia a nosa compañeira Mercedes Queixas Zas polo ensaio Vivir, unha aventura irrepetíbel: Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Ed. Galaxia
       (Mercedes, cos finalistas o pasado sábado na Cea das Letras)

As túas compañeiras da Biblioteca queremos sumarnos os parabéns do Equipo Directivo do centro e da comunidade educativa en xeral polo  merecido premio literario. É para nos unha honra traballar contigo. Para ti, este ramo de rosas (sentimos que sexa virtual)

8 may 2012

CONTACONTOS

Hoxe tivemos unha visita moi especial na Biblioteca: un CONTACONTOS.
Veunos contar un conto aos nenos de E.Infantil.
É o que vedes aquí :



E aquí tedes fotiños da actividade. Que ben que o pasamos!









SEMANA DO LIBRO

Na semana do libro, tivemos moitas actividades relacionadas cos libros e coa súa lectura.
Aquí podedes ver aos alumnos de segundo contando un conto: Matrioska. Contáronllo despois na biblioteca aos compañeiros de terceiro e  aos de sexto. Quedoulles moi ben. BÓ TRABALLO!


2 may 2012

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO

No DIA DO LIBRO a BIBLIOTECA  saiu ao patio do colexio para celebrar cos nenos e nenas de E. Infantil e E. Primaria este día. Os libros saíron ao exterior nun día tan especial... e todos disfrutamos da súa lectura!






20 abr 2012

23 DE ABRIL: DÍA DEL LIBRO



El 23 de abril de 1616 fallecían Cervantes y Shakespeare . También en un 23 de abril nacieron – o murieron – otros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla o Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta fecha tan simbólica para la literatura universal fue la escogida por la Conferencia General de la UNESCO para rendir un homenaje mundial al libro y sus autores, y alentar a todos, en particular a los más jóvenes, a descubrir el placer de la lectura y respetar la irreemplazable contribución de los creadores al progreso social y cultural.


16 abr 2012

OS VENRES...CONTACONTOS!

O alumnado de terceiro ciclo no que vai de curso, está a desenvolver unha fermosa actividade na nosa Biblioteca. Os venres no Plan Lector adícanse a ler contos aos cativos de Infantil e !º ciclo de Primaria. A actividade está sendo moi enriquecedora: os maiores aprenden a entonar, memorizar e falar en público; e os cativos escoitan e disfrutan do conto!


Mirade que ben o pasamos: