fondo red white blue

columnas enlaces

20 jun 2024

Fin de Curso 23-24

Familias! Chegamos á nosa última semana deste curso 2023-2024 no que tiveron lugar taaaantas aventuras. Agora toca repoñer forzas para que o próximo sexa igual de bonito. 

Nestes meses de verán propoñémosvos unhas lecturas actualizadas para que desfrutedes. Agardamos que a volta nos contedes cales foron as que vos resultaron máis interesantes.

Aquí vos deixamos o enlace para o Tríptico de Verán coas propostas lectoras: https://www.calameo.com/read/0072603175ec5816f9704


Unha forte aperta, familias!!

Torneo Datchball

Durante este último trimestre os nenos e nenas de 5° e 6° fixeron un pequeno torneo de Datchball nos recreos. 

Aquí tedes as fotos dos equipos cos premios que recibiron.

Parabéns a todos e gracias por participar!!!

Noelia López, profe E.F.









12 jun 2024

Colaboradores da Biblio

Ao longo de todo curso tivemos uns fantásticos colaboradores e colaboradoras na Biblioteca. Axudáronnos no recreo cos préstamos e devolucións de libros, colocalos nos seus estantes e axudar a manter un clima de respeto entre nós e aplicando as normas da Biblioteca.

Non podemos despedir o curso sen darlle os seus Diplomas de Colaboradores e un especial agradecemento pola súa axuda.

Moitísimas gracias, rapaces e rapazas!!!❤️❤️🥳🥳




Concurso de Cómic

Alumnado voluntario de 4º e 6º de primaria participaron nun Concurso de coñecementos sobre os cómics de Astérix e Obélix e Mortadelo e Filemón. 

Tras lecturas sobre as distintas coleccións levaron a cabo probas de Kahoot nas que tiveron que defender os seus coñecementos sobre as historias destas personaxes.








Aquí tendes unha foto dos participantes do concurso:


O grupo gañador é o composto por Gabriel, Mateo, Iria e Lois de 6ºB. Noraboa equipo!!



IX Certame Asunción Antelo do Concello e Aniversario da Biblioteca



 En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega participamos no concurso IX Certame Asunción Antelo levado a cabo polo Concello. 

Festexamos así o aniversario da nosa Biblioteca, que leva por nome o da homenaxeada. 

Este ano os gañadores do concurso foron:

Na categoría de Debuxo:

-Grupo 4º de Educación Infantil.

- Eimi Lema Calviño (2º)

- Adrián Vilanova Villar (4º)

- Daniela Rodríguez Castro (5º)

Na categoría de Cómic:

-Alba Velo Castro (3ºB)

- Daniel Bello García (6ºB)

Na categoría de Narrativa:

-Carlota Lavandeira Villar (1º)

-Iria Sanjurjo Pardiñas (6ºB)

Na categoría de Poesía:

-Uxía España Vázquez (3ºA)

-Fernando Tasende Rey (6ºB)

Na categoría de Monográfico:

- Clara Negreira Lamas (5º)

Deixámosvos aquí un recordo da recollida de Premios dos gañadores e a exposición dos traballos Finalistas no Centro:






Noraboa a tod@s e unha forte aperta!






10 jun 2024

TORNEO DE XADREZ. SECUNDARIA

Visto o éxito que están a ter os xogos de mesa na nosa biblioteca, este ano decidimos terminar o curso realizando un torneo de xadrez. Para facelo contamos coa colaboración de Jose María Pose, membro do departamento de Matemáticas do centro e gran experto no xogo. Ao torneo apuntáronse doce alumnos e desenvolveuse durante cinco recreos. O gañador foi Hugo Suárez, de 4º ESO. a quen se lle obsequiou cun xogo de xadrez.

3 jun 2024

Sexto conta Moito!

Familias!! Chegou o último xoves de Sexto conta Moito deste curso 23-24. 
Cantas historias e contos desfrutamos os máis peques gracias ao alumnado de 6º. Fixéchedelo tod@s xenial. Infinitas gracias a todos e todas por estos momentos. 
Despedímonos amosando recordos do último día no que Alba, Iago e Hugo de 6ºA narráronnos contos ao alumnado de 4º de Infantil.
Moitas gracias!!!!