fondo red white blue

columnas enlaces

20 feb 2025

Sexto conta Moito!



 Continuamos coas nosas lembranzas dos bos momentos que nos traen os maiores do cole aos cursos máis baixos coas súas historias de aventuras, de intriga, conmovedoras, que nos fan pensar e reflexionar…

Nas últimas semanas o alumnado de 6º protagonista foi:

-Yerai e Jose de 6ºB narraron para o alumnado de 5º de infantil. 

- Lucas e Noel de 6ºB contaron historias ao alumnado de 6º de infantil.

- Naiara e Nerea de 6ºA acompañaron ao alumnado de 1º de primaria.

Moitísimas gracias polas vosas lecturas, rapaces e rapazas!






Día da Paz e Candeloria

Conmemoramos no centro o Día da Paz, o 30 de Xaneiro que agardamos que chegue a estar presente todos os días do ano. 

Entre outras actividades, elaboramos un mural común cuberto co poema “Sobre a Paz non abonda con falar” no que cada grupo de infantil e primaria elaborou unha estrofa. Oxalá o mundo enteito escoite os nosos desexos e peticións de ben común.

O 2 de febreiro é o Día da Candeloria, o día no que os paxaros namoran. Este curso os paxariños anidaron a carón do mural da Paz con mensaxes de amizade e bos desexos. O alumnado deixou unha mensaxe positiva de amizade para que outro compañeiro/a anónimo/a a recibise.


Aquí quedan unhas fotiños de recordo:









10 feb 2025

As familias contan!

 Continuamos coas nosas lembranzas dos momentos familiares na Biblioteca Asunción Antelo.

-Conto coa mamá de Carlota en 4ºA:









-Conto coa mama de Brais en 5 anos:




- Conto coa mamá de Izan en 5 anos:





Gracias, gracias e gracias por vir! ❤️❤️❤️❤️

Animádevos todos e todas aquelas que inda non o fixerades. Agardámosvos!


As familias contan (charlas, obradoiros e contacontos)


Familias! Animádevos a acompañarnos na Biblioteca, tal e como fixeron as seguintes coas que desfrutamos moitísmo.
 Podedes deleitarnos co que quirades: obradoiros, charlas, contos, xogos…
Estamos desexando tervos aquí!
 Moitísimas gracias a todas as familias que pasades ao longo do curso pola Biblio. Hoxe recordamos varios marabillosos momentos como por exemplo:

-Obradoiro coa mamá de Iago en 5 anos:





-Contacontos coa mamá de Mateo en 5 anos:





- Contacontos coa mamá de Iria en 4 anos:





-Conto coa mamá de Antía en 5 anos:



Moitísimas gracias a todas!!❤️❤️❤️❤️