Para finalizar o trimestre
elaboramos o noso tradicional tríptico de recomendacións lectoras para as
vacacións. Este ano quixemos dar un paso máis e espertar a curiosidade do
alumnado cara ás lecturas seleccionadas. Por iso, os libros foron
coidadosamente empaquetados para que a súa elección se convertese nunha
sorpresa. Cada exemplar presentouse como un agasallo de Nadal e foi
acompañado dun bombón, o que contribuíu a incrementar o interese polo préstamo.
Así mesmo, aproveitamos estas datas para ampliar o noso catálogo de novidades
incorporando títulos actuais e atractivos para os nosos lectores.
fondo red white blue
columnas enlaces
19 dic 2025
Un agasallo de Nadal
18 dic 2025
DOCE NADAL
O segundo obradoiro de
Nadal consolidouse xa como unha tradición da nosa biblioteca. Nesta
actividade, o grupo de 4.º da ESO de Proxecto Interdisciplinar, dirixido pola
profesora de francés Eva Parcero, compartiu co estudantado de 1.º da ESO a preparación
dun doce típico destas datas. Nesta edición, os máis novos aprenderon a
elaborar unha sobremesa de follado e chocolate con forma de árbore de Nadal.
17 dic 2025
DECORACIÓN DA BIBLIOTECA E OBRADOIRO DE ADORNOS DE NAVIDAD
Durante o mes de decembro
comezaron as actividades relacionadas co Nadal. En primeiro lugar, un
grupo de alumnado voluntario encargouse da decoración da biblioteca.
Ademais, levouse a cabo un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal con
materiais reciclados. Para iso reutilizamos antigos dicionarios dados de
baixa, cuxas páxinas empregamos para confeccionar orixinais bólas de Nadal.
16 dic 2025
Suxerencias Lectoras Nadal 25-26
Queridas familias! Xa están aquí as suxerencias lectoras da Biblio Asunción Antelo por se queredes engadilas á lista de Papá Noel, os Reis Magos ou nun detalliño familiar.
Ben avisados quedades de que este ano as propostas son moi comestibles. Nós xa lle pegamos un bo mordisco a algún libro do interesantes que son.
Agardamos que os disfrutedes moito e que pasedes un moi bo Nadal.
Unha aperta grande dende a Biblio do Pichel!

.jpg)
.jpg)




