fondo red white blue

columnas enlaces

19 dic 2025

Un agasallo de Nadal


 

Para finalizar o trimestre elaboramos o noso tradicional tríptico de recomendacións lectoras para as vacacións. Este ano quixemos dar un paso máis e espertar a curiosidade do alumnado cara ás lecturas seleccionadas. Por iso, os libros foron coidadosamente empaquetados para que a súa elección se convertese nunha sorpresa. Cada exemplar presentouse como un agasallo de Nadal e foi acompañado dun bombón, o que contribuíu a incrementar o interese polo préstamo. Así mesmo, aproveitamos estas datas para ampliar o noso catálogo de novidades incorporando títulos actuais e atractivos para os nosos lectores.

18 dic 2025

DOCE NADAL



O segundo obradoiro de Nadal consolidouse xa como unha tradición da nosa biblioteca. Nesta actividade, o grupo de 4.º da ESO de Proxecto Interdisciplinar, dirixido pola profesora de francés Eva Parcero, compartiu co estudantado de 1.º da ESO a preparación dun doce típico destas datas. Nesta edición, os máis novos aprenderon a elaborar unha sobremesa de follado e chocolate con forma de árbore de Nadal.

 

17 dic 2025

DECORACIÓN DA BIBLIOTECA E OBRADOIRO DE ADORNOS DE NAVIDAD


 

Durante o mes de decembro comezaron as actividades relacionadas co Nadal. En primeiro lugar, un grupo de alumnado voluntario encargouse da decoración da biblioteca. Ademais, levouse a cabo un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal con materiais reciclados. Para iso reutilizamos antigos dicionarios dados de baixa, cuxas páxinas empregamos para confeccionar orixinais bólas de Nadal.


16 dic 2025

Suxerencias Lectoras Nadal 25-26

 Queridas familias! Xa están aquí as suxerencias lectoras da Biblio Asunción Antelo por se queredes engadilas á lista de Papá Noel, os Reis Magos ou nun detalliño familiar.  

Ben avisados quedades de que este ano as propostas son moi comestibles. Nós xa lle pegamos un bo mordisco a algún libro do interesantes que son. 

Agardamos que os disfrutedes moito e que pasedes un moi bo Nadal.

Unha aperta grande dende a Biblio do Pichel!

 


 



12 nov 2025

Sexto mete medo!

 Na última semana de outubro, a Biblioteca encheuse de historias de pantasmas, morcegos, bruxas, cabazas... Chegaron da man do noso alumnado de 6º que sempre narra fermosas historias, inda que... Neste caso foron terroríficas! 

O alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria quedamos abraiados co ben que contan os contos!

 Moitas gracias aos maiores!

 



 











Día das Bibliotecas

 O pasado 24 de outubro  conmemorouse o día das Bibliotecas. 

Dende o centro aproveitamos para decorar a nosa Biblioteca Asunción Antelo coa temática do proxecto de centro anual: "Un Mundo de Sabores"

 Para levalo a cabo cada grupo elaborou o que sería para eles a "Receta do Libro Ideal". Alucinamos coa gran inventiva e imaxinación que están demostrando xa a inicio de curso estes rapaces e rapazas. 

Noraboa!!

 









30 oct 2025

¡UN ESCAPE ROOM TERRORÍFICO!




O alumnado de 2.º da ESO organizou un escape room dirixido ao resto dos seus compañeiros, tomando como fío condutor o relato de terror. Traballáronse autores como Edgar Allan Poe, Guy de Maupassant, Richard Matheson, Stephen King e Cristina Fernández Cubas. O grupo gañador, que traballou o relato "El vestido de seda blanca" de Richard Matheson, foi o encargado de organizar a celebración final do Samaín, decorando a biblioteca e desenvolvendo unha serie de sesións dirixidas ao resto do alumnado do centro.

27 oct 2025

As familias contan!

Bo día, familias!! Iniciamos un novo curso as nosas visitas familiares, nas que asistimos a escoitar as vosas historias, contos, aventuras… Tamén a a realizar obradoiros e talleres.

Este curso iniciámonos coa visita de Beatriz, a mamá de Roi de 5º de Infantil.

Escoitamos moi atentamente a narración dun conto chulísimo!





Moitas gracias mamá de Roi!!🤩

7 oct 2025

Sexto conta Moito!

 Canto botabamos de menos as aventuras narradas polas nosas maiores. O día 2 de outubro, 

Nayara, Amanda e Aroa Pérez foron as encargadas de realizar a apertura dos Contacontos.


Aquí vos deixamos unha mostra dese momento no que o alumnado de 3 anos, disfrutamos moitísimo con elas.


Gracias rapazas!









Benvidos ao curso 2025-2026

E por xin chegou o momento, familias! 

O mércores 1 de outubro a Biblioteca Asunción Antelo abriu as súas portas para agasallarnos un novo curso con historias de aventuras, intrigas, coñecementos... Este ano o noso proxecto de centro leva por nome "Un mundo de sabores", estamos desexando descubrir o que nos agarda. 

Imos alá!














18 jun 2025

Recomendacións Lectoras de Verán

 Queridas familias, rematamos un novo curso escolar que estivo cheiño de contos, historias, aventuras, intrigas…

Aquí deixamos o tríptico no que propoñemos algunhas lecturas para este verán. Seguide deleitándovos sempre da lectura e lembrade que:

“A lectura prende a mente e esperta a imaxinación”!

APERTAS E BO VERÁN!



17 jun 2025

Colaboradores Biblioteca Asunción Antelo

 Agradecementos infinitos a todos os colaboradores que tanto nos axudaron este ano cos préstamos da Biblio.

Mil gracias, rapaces e rapazas!!




As familias dos profes tamén contan!


Queremos agradecer enormemente a todas as familias que se achegaron este ano a acompañarnos na Biblioteca: contando contos, realizando talleres, charlas… Para nós é moi importante, moitas gracias!
Non queriamos pechar este curso de “As Familias Contan” sen amosarvos que 1º e 2º de primaria, recibiu unha visita moi especial a maiores de todas as que vos ensinamos ata hoxe.
As Familias dos profes tamén Contan! Así é que tivemos a sorte de escoitar, atender a toda a información que nos deu e de tocar con…Raúl Galego! Famoso gaiteiro Galego.

Aquí tendes un enlace do programa “Alalá” sobre Raúl Galego:

A sorpresa para os nenos foi cando nos enteramos de que Raúl é o papá da nosa profe Carmela, de 1º de primaria!

Así, tivemos un novo festexo nos días das Letras Galegas no que poidemos tocar con Raúl Galego e con Anoesjka Sarolea, a súa amiga, de recoñecida traxectoria no mundo musical tamén.
Aquí deixamos unhas lembranzas deses momentos. 
Moitísimas gracias a Raúl, Anoesjka e Carmela!