columnas enlaces

19 dic 2025

Un agasallo de Nadal


 

Para finalizar o trimestre elaboramos o noso tradicional tríptico de recomendacións lectoras para as vacacións. Este ano quixemos dar un paso máis e espertar a curiosidade do alumnado cara ás lecturas seleccionadas. Por iso, os libros foron coidadosamente empaquetados para que a súa elección se convertese nunha sorpresa. Cada exemplar presentouse como un agasallo de Nadal e foi acompañado dun bombón, o que contribuíu a incrementar o interese polo préstamo. Así mesmo, aproveitamos estas datas para ampliar o noso catálogo de novidades incorporando títulos actuais e atractivos para os nosos lectores.

18 dic 2025

DOCE NADAL



O segundo obradoiro de Nadal consolidouse xa como unha tradición da nosa biblioteca. Nesta actividade, o grupo de 4.º da ESO de Proxecto Interdisciplinar, dirixido pola profesora de francés Eva Parcero, compartiu co estudantado de 1.º da ESO a preparación dun doce típico destas datas. Nesta edición, os máis novos aprenderon a elaborar unha sobremesa de follado e chocolate con forma de árbore de Nadal.

 

17 dic 2025

DECORACIÓN DA BIBLIOTECA E OBRADOIRO DE ADORNOS DE NAVIDAD


 

Durante o mes de decembro comezaron as actividades relacionadas co Nadal. En primeiro lugar, un grupo de alumnado voluntario encargouse da decoración da biblioteca. Ademais, levouse a cabo un obradoiro de elaboración de adornos de Nadal con materiais reciclados. Para iso reutilizamos antigos dicionarios dados de baixa, cuxas páxinas empregamos para confeccionar orixinais bólas de Nadal.


16 dic 2025

Suxerencias Lectoras Nadal 25-26

 Queridas familias! Xa están aquí as suxerencias lectoras da Biblio Asunción Antelo por se queredes engadilas á lista de Papá Noel, os Reis Magos ou nun detalliño familiar.  

Ben avisados quedades de que este ano as propostas son moi comestibles. Nós xa lle pegamos un bo mordisco a algún libro do interesantes que son. 

Agardamos que os disfrutedes moito e que pasedes un moi bo Nadal.

Unha aperta grande dende a Biblio do Pichel!