fondo red white blue
columnas enlaces
26 feb 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Como todos os anos, conmemoramos o Día de Rosalía cunha exposición bibliográfica e o recital dunha selección de poemas preparado polo Departamento de Lingua Galega, no que participou o alumnado da ESO durante os recreos. Ademais, un grupo de alumnado voluntario elaborou un mural artístico co retrato de Rosalía de Castro, creado a partir de figuras xeométricas e cores.
19 feb 2026
Sexto Conta Moito (Xaneiro)
Iniciamos o 2º trimestre con Anthony e Nayara contando un conto ao alumnado de 4º de Infantil:
Continuamos con Alyssa e Marta narrando ao alumnado de 5º de Infantil:
Moitísimas gracias a todos e todas os/as Contacontos!
12 feb 2026
SAN VALENTÍN LITERARIO: VERSOS, LECTURAS SORPRESA Y CORAZONES.
Celebramos o Día dos Namorados cunha exposición de novela romántica e ampliamos a colección. Ademais, puxemos en marcha First Book Dates, unha actividade na que os usuarios podían ter unha cita a cegas cunha das novelas expostas, levando cada préstamo unha piruleta con forma de corazón.
Tamén realizamos guirnaldas con versos de poemas coñecidos e corazóns, nas que os participantes reconstruían os textos orixinais a partir de fragmentos.
4 feb 2026
As Familias Contan
Familias!
Queremos contarvos que no primeiro trimestre, o alumnado de 4º de Infantil recibiu máis visitas moi especiais.
Non sabedes a ilusión que proporcionan estos momentos, nos que as persoas as que máis queren os nosos peques, compartan con nós aventuras, obradoiros, charlas... Animádevos a visitarnos máis.💓😃
Así pois, tivemos a sorte de escoitar contos por parte da mamá de Kenia e por parte da mamá de Erea.
Moitísimas gracias, Alba e María!
Alba, a mamá de Erea:
María, a mamá de Kenia:



















