columnas enlaces

4 nov 2024

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (SECUNDARIA)

En novembro, para conmemorar o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, o alumnado pertencente ao Club de Ciencias “Patacalab”, nesta ocasión dirixido por Carmen Varela, do Departamento de Bioloxía, preparou cultivos de protozoos para amosar ao alumnado de Sexto de Primaria. Primeiro recolleron follas secas, terra e herba, que logo introduciron en dous recipientes con auga non clorada. Un deles colocouse nun lugar máis iluminado cá o outro e, así, despois de quince días, puideron observar as especies de protozoos presentes en cada un dos medios. Deste xeito, achegáronse ás bases do método científico. Con esta actividade, buscouse, unha vez máis, tender pontes entre as dúas bibliotecas do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario