columnas enlaces
▼
17 nov 2023
Concurso "A memoria das palabras", SECUNDARIA
Moitas palabras caen no esquecemento porque xa non aparecen en ningún dicionario. Que vos parece se entre todos creamos o noso propio glosario e recuperamos algunhas delas?
BASES DO CONCURSO:
• Cada semana haberá que buscar na biblioteca unha palabra perdida. Para saber en que libro se atopa darémosvos unha pista.
• Esta pista estará a partir do segundo recreo do luns exposta na pizarra da biblioteca.
• Atopada a palabra, tentaremos pescudar o seu significado tendo en conta o contexto no que se atopa.
• Cada unha das definicións serán depositadas na urna que estará na biblioteca, revisaranse a final de semana.
• A persoa que máis se achegue ao significado orixinal da palabra gañará un punto.
• Quen máis puntos acumule será o gañador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario