columnas enlaces
2 jun 2026
ROTEIRO LITERARIO CON ANTONIO M. FRAGA
Para pechar o curso, o equipo da biblioteca e o club de lectura organizaron un roteiro literario arredor da obra de Antonio M. Fraga O bestiario científico de Anxos Nogueirosa. A actividade desenvolveuse no antigo Hospital de Oza da Coruña, escenario no que se sitúa parte da novela. Alí, o autor explicou a historia do lugar, que funcionou como lazareto e como sede das colonias escolares destinadas a nenos con problemas de saúde e desnutrición. A xornada resultou especialmente enriquecedora e permitiu pechar o curso cunha experiencia significativa e moi satisfactoria.
11 may 2026
Día da Poesía
O 21 de Marzo conmemoramos o Día da Poesía, para o cal, entre todos elaboramos o poema "A Cociña é Poesía", relacionado co noso proxecto de centro anual.
Deixámosvos por aquí a letra e o audio narrado dende a Radio do noso centro.
17 abr 2026
SEMANA DO LIBRO CON PAULA CARBALLEIRA
O terceiro trimestre comezou
coa celebración do Día do Libro. Para iso contamos coa visita de Paula
Carballeira, Premio Nacional de Teatro en 2023. Con motivo desta data, o
alumnado foi organizado en dous niveis. Co primeiro ciclo, Paula Carballeira
compartiu o seu libro de relatos Trece avisos, a partir do cal falou sobre a súa relación co medo e o seu interese polo xénero de terror. Co
alumnado maior, a autora centrou a súa intervención na súa obra As alumnas,
na situación das mestras durante a escola da República e na posterior represión
que sufriron. Como peche da actividade, representouse unha das escenas da obra.
26 mar 2026
EN BUSCA DA NOSA MASCOTA
A biblioteca tamén participou na Semana Cultural do centro coa organización dun obradoiro de papel maché para crear a súa futura mascota. A actividade, desenvolvida coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e do taller de artesanía en cartón-pedra Tigre de Papel, contou coa participación do alumnado de 1.º da ESO, que deseñou diferentes propostas e elaborou sete esculturas tridimensionais. Finalmente, unha votación permitiu escoller a figura que se converterá na mascota oficial da biblioteca.
Certame de Talentos
Pechando os nosos Venres De Talentos do segundo trimestre, a semana pasada foi Eloi de 3º de Primaria que nos abraiou a todos co seu dominio das baquetas e do acordeón.
Explicounos as partes das que se compón, o uso de cada unha delas e interpretou unhas pezas.
Moitísimas gracias, Artista!!
Certame de Talentos
Aquí temos o resumo da nosa 4º Actuación do Certame de talentos. Nesta ocasión as protagonistas son Daniela e Noelia de 4ºA interpretando a canción “Potra Salvaje” coa frauta.
Noraboa frautistas!!!
Certame de talentos
O venres 27 de febreiro, tivemos a segunda edición do Certame de Talentos, na cal, Edu e Eimi de 4º de Primaria foton os protagonistas.
Explicáronnos as partes da Gaita e da Pandeireta. Tocaron pezas en conxunto e por separado.
Aquí hai moita madeira de Artistas, noraboa músicos!
Apertura Certame de Talentos
O 20 de febreiro arrancamos co inicio do Certame de talentos no que Nayara, Uxía e Aroa Pérez de 6º bailaron a canción de Golden, das Guerreiras K-Pop.
Menudo gran arranque do Certame, moitas gracias Artistas!!
Certame de Talentos

Noraboa rapazas, tendes moito talento!
Sexto conta Moito (febreiro)
Moitísimas gracias, rapaces e rapazas!















































