columnas enlaces

26 mar 2026

EN BUSCA DA NOSA MASCOTA





A biblioteca tamén participou na Semana Cultural do centro coa organización dun obradoiro de papel maché para crear a súa futura mascota. A actividade, desenvolvida coa colaboración do Departamento de Educación Plástica e do taller de artesanía en cartón-pedra Tigre de Papel, contou coa participación do alumnado de 1.º da ESO, que deseñou diferentes propostas e elaborou sete esculturas tridimensionais. Finalmente, unha votación permitiu escoller a figura que se converterá na mascota oficial da biblioteca.

Certame de Talentos

 Pechando os nosos Venres De Talentos do segundo trimestre, a semana pasada foi Eloi de 3º de Primaria que nos abraiou a todos co seu dominio das baquetas e do acordeón.

Explicounos as partes das que se compón, o uso de cada unha delas e interpretou unhas pezas.


Moitísimas gracias, Artista!!









Certame de Talentos

 Aquí temos o resumo da nosa 4º Actuación do Certame de talentos. Nesta ocasión as protagonistas son Daniela e Noelia de 4ºA interpretando a canción “Potra Salvaje” coa frauta.

Noraboa frautistas!!!












Certame de talentos

 O venres 27 de febreiro, tivemos a segunda edición do Certame de Talentos, na cal, Edu e Eimi de 4º de Primaria foton os protagonistas.

Explicáronnos as partes da Gaita e da Pandeireta. Tocaron pezas en conxunto e por separado. 

Aquí hai moita madeira de Artistas, noraboa músicos!


















Apertura Certame de Talentos

 O 20 de febreiro arrancamos co inicio do Certame de talentos no que Nayara, Uxía e Aroa Pérez de 6º bailaron a canción de Golden, das Guerreiras K-Pop.


Menudo gran arranque do Certame, moitas gracias Artistas!!













Certame de Talentos



Pero pode existir máis talento que o que hai neste centro? Os primeiros venres de certames de talentos comezaron cun altísimo nivel.

A terceira edición do Certame de Talentos, chegou da man da nosa cantante April e a nosa patinadora Lía, ambas compañeiras de 3º de primaria:

-Lía explicando as partes dos patíns, o seu funcionamento e amosando algunhas das espectaculares técnicas de patinaxe que domina. Artista!




-Lembranzas de April cantando o tema Golden das Guerreiras K-Pop. Artista!




 Noraboa rapazas, tendes moito talento!

Sexto conta Moito (febreiro)

Boas de novo, familias! Aquí temos o resumo dos nosos xoves de aventuras no mes de febreiro da man dos Contadores e Contadoras de Historias de 6º.

- Erik, Laura e Ainoha ao alumnado de 4º de Infantil:






- Dani Pensado e Dani Añón a 1º de Educación Primaria:





 Moitísimas gracias, rapaces e rapazas!

2 mar 2026

Inicio Certame de Talentos

 Xa está aquí!! O venres 20 de febreiro comezaron os Certames de Talentos na Biblioteca.

Tes algún talento que queres amosar aos teus compañeiros e compañeiras de nivel? 

Inscríbete no Buzón da Biblio  indicando a actividades que vas realizar, nome e curso.


Agardamos as vosas solicitudes!