O alumnado de 2.º
da ESO organizou un escape room dirixido ao resto dos seus compañeiros,
tomando como fío condutor o relato de terror. Traballáronse autores como Edgar
Allan Poe, Guy de Maupassant, Richard Matheson, Stephen King e Cristina
Fernández Cubas. O
grupo gañador, que traballou o relato "El vestido de seda blanca" de
Richard Matheson, foi o encargado de organizar a celebración final do Samaín,
decorando a biblioteca e desenvolvendo unha serie de sesións dirixidas ao resto
do alumnado do centro.
columnas enlaces
▼
30 oct 2025
27 oct 2025
As familias contan!
Bo día, familias!! Iniciamos un novo curso as nosas visitas familiares, nas que asistimos a escoitar as vosas historias, contos, aventuras… Tamén a a realizar obradoiros e talleres.
Este curso iniciámonos coa visita de Beatriz, a mamá de Roi de 5º de Infantil.
Escoitamos moi atentamente a narración dun conto chulísimo!
7 oct 2025
Sexto conta Moito!
Canto botabamos de menos as aventuras narradas polas nosas maiores. O día 2 de outubro,
Nayara, Amanda e Aroa Pérez foron as encargadas de realizar a apertura dos Contacontos.
Aquí vos deixamos unha mostra dese momento no que o alumnado de 3 anos, disfrutamos moitísimo con elas.
Gracias rapazas!







