columnas enlaces

22 mar 2024

As Familias Contan!






 No segundo trimestre continuamos escoitando contos dos que nos encantan, os narrados polas nosas familias. Gracias, familias!! Amosámosvos algunhas fotiños deses recordos:

Andrea, nai de Arón, 1º de Primaria:


Noelia, nai de Anxo, 1º de Primaria:



Nerea (2ºE.P), irmá de Matteo (5º de Infantil):








20 mar 2024

Biblioteca na Semana Cultural

 Entre os obradoiros, espectáculos e actividades culturais das que estamos a disfrutar esta semana no colexio, visitáronnos na biblioteca varias actividades, amosámosvos algúns deses momentos:

Presentación do libro “As Crebas das Memoria” de Olga Rodríguez acompañada pola nosa profe e compañeira Ana Palleiro, para os nenos e nenas 5º e 6º de Primaria:





Contacontos con Soraya Lema para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de Primaria:







14 mar 2024

Sexto conta Moito!

 O xoves pasado foron as compañeiras Lúa e Omaima de 6ºB as contacontos do alumnado de 6º de Infantil. 

Aquí van unhas fotos dese momento.

Moitas gracias, rapazas! 





13 mar 2024

Día Reivindicativo do 8M

Dende o CPI Alcalde Xosé Pichel reivindicamos a igualdade entre homes e mulleres e a non discriminación por cuestións de xénero.

Para visibilizalo, entre outras actividades, elaboramos un mural conxunto Infantil e Primaria no que homenaxeamos a mulleres que marcan as nosas vidas.

Agardamos que vos guste!





7 mar 2024

Sexto conta moito!

 O pasado xoves, os nenos e nenas de 5º de Infantil disfrutamos con Gabriel e Mateo de 6ºB e o libro que nos narraron. 

Moitísimas gracias, rapaces!!








Día de Rosalía de Castro

 Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega propúxose esta actividade tan bonita para conmemorar o Día de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro!